Xinzo convértese na capital europea do recreacionismo
25 ANIVERSARIO
A Asamblea Anual das Festas Históricas Europeas celébrase este sábado 18 de outubro na vila do Esquecemento
A vila de Xinzo despide o Annus Argenteus da Festa do Esquecemento, organizado pola asociación cultural Civitas Limicorum para celebrar o 25 aniversario da festa, e que chega o seu final coa celebración da Asamblea Anual das Festas Históricas Europeas este sábado 18 de outubro na capital limiá. Á cita acudiran representantes da Confederación Europea de Festas e Manifestacións Históricas dende Alemaña, Francia, Italia, Portugal e o territorio nacional, así como as que participarán por videoconferencia.
Durante a xornada abordaranse proxectos conxuntos, intercambios culturais e novas liñas de colaboración entre as festas europeas, co obxectivo de reforzar a rede continental de recreación histórica e promover a cooperación cultural transnacional. Esta xuntanza europea celébrase logo do éxito da celebrada o pasado mes de maio na vila, que deu cita á Asamblea Estatal das Festas Históricas, congregando a máis de cuarenta delegacións.
Marcos Argibay, presidente da asociación Cultural Civitas Limicorum, explicou que é “un orgullo para nós acoller en Xinzo de Limia a amigos e compañeiros representantes das festas históricas de toda Europa”. O presidente incide en que “isto soamente reafirma a capacidade da Festa do Esquecemento para facer de Xinzo capital do recreacionismo histórico”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARRANQUE DE TEMPORADA
La premiere del COB en el Pazo
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
CONFLICTO EN EL PLENO
Luis Menor: “A Política non se pode converter nun circo”
OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar