Xinzo convértese nun foro de inclusión e diversidade
DIÁLOGO ENTRE PROFESIONAIS
O seminario en Xinzo de Limia promove o diálogo entre profesionais, institucións e cidadanía para fortalecer a educación, a participación e a inclusión nas comunidades de acollida.
Xinzo de Limia acolle estes días o seminario “Educación e participación na construción normativa das comunidades de acollida”, organizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación Esculca.
Esta iniciativa vertébrase nun formato de foro aberto que reúne profesionais do ámbito educativo e social, alumnado universitario, representantes institucionais e colectivos locais, co obxectivo de reflexionar sobre a diversidade cultural, os procesos migratorios e a participación cidadá.
O programa inclúe mesas redondas, obradoiros e espazos de diálogo que promoven o intercambio de experiencias arredor de temas como os plans de acollemento escolar, os novos marcos normativos e o papel da sociedade civil na construción de comunidades máis xustas e inclusivas.
Dende o Concello sublíñase a importancia destes encontros para reforzar os lazos comunitarios e consolidar o compromiso institucional coa educación, a convivencia e a igualdade de oportunidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGRÍCOLA
Xinzo de Limia celebra la segunda entrega de sus “Semente”
APUESTA POR EL RURAL
“Ruralmente” llega a Xinzo para poner en valor la patata
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior