Xinzo de Limia e Ecuador estreitan lazos culturais
ENTROIDO
Unha delegación de artesáns de Tungurahua visitou enclaves do concello
O Concello de Xinzo de Limia vén de recibir esta semana a visita dunha delegación de artesáns de Tungurahua, dende Ecuador, e que estivo encabezada polo mestre GusArte. A comitiva foi recibida polo alcalde Amador Díaz, acompañado do concelleiro de Cultura, Carlos Gómez. Esta visita dá continuidade a viaxe institucional do alcalde a Tungurahua en 2024 e “serve de base para traballos futuros”: accións divulgativas conxuntas, obradoiros e exhibicións, intercambio de pezas e proxectos educativos. “Falamos de cultura que crea oportunidades e de patrimonio que suma; consolidar esta relación é bo para Xinzo e para a nosa mocidade”, sinalou o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez.
“A visita tivo un sentido preciso: poñer en diálogo o Entroido coa Diablada, dous universos festivos que comparten raíz comunitaria, forza simbólica da máscara e transmisión de saberes artesáns”, apuntan dende o Concello. Amador Díaz destacou que “Xinzo é terra de Entroido e cultura; por iso, esta relación con Ecuador encaixa de cheo coa nosa identidade. Queremos abrir pontes estables, aprender mutuamente e proxectar Xinzo cara fóra a través da creación artesá, da música e do noso patrimonio vivo”. Durante o encontro, os artesáns fixeron a doazón dunha máscara tradicional do Diablo de Píllaro, xa depositada e incorporada aos fondos do Museo Galego do Entroido (Mugae).
A delegación coñeceu a artesanía da Pantalla no obradoiro Arte Arrebol, e visitou a Escola Municipal de Gaitas e Percusión. GusArte agradeceu a acollida e subliñou que a doazón “é un xesto de amizade e recoñecemento; na Pantalla de Xinzo atopamos unha irmandade coa nosa máscara do Diablo de Píllaro”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
Lo último
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua