DESCUBREN UN ARSENAL DE DROGAS
El narcofuncionario de Xinzo: de empleado público a acumular peticiones de más de 24 años de cárcel por su vida criminal
Acondicionamento
O novo curso escolar deu comezo estas pasadas semanas, e os cativos e veciños de Xinzo poderán gozar das renovacións feitas na Casa da Cultura da vila, que se presenta cun “lavado de cara”.
Grazas a un programa de melloras ó longo de 2025, e que contou cun investimento superior ós 110.000 euros, froito da colaboración da Consellería de Cultura xunto co Concello, a Casa da Cultura limiá foi obxecto de actuacións que atenderon á reforma e entarimado das oficinas de Cultura; á rehabilitación integral de sete aulas mediante a renovación de acabados e acondicionamento para a docencia e os ensaios, ademais da instalación dun ascensor.
Así mesmo, tamén se pintaron os aseos da primeira e segunda planta; xunto ó vestíbulo, a sala de exposicións da planta baixa e as zonas comúns da primeira planta, que se suman ás melloras nas instalacións de son e iluminación do salón de actos en prol de mellorar a calidade técnica para os concertos, teatros e actos institucionais que acolle.
Ademais, o Concello esta traballando nun plan “a medio prazo” para completar o acondicionamento das aulas restantes e da planta baixa, co obxectivo de “crear novos espazos polivalentes adaptados ás necesidades socioculturais actuais”.
A Casa da Cultura acolle nestas datas unha exposición dos carteis das 40 edicións das Xornadas de Folclore, unha mostra que cobra especial valor nun ano no que non puido celebrarse en Xinzo a causa dos incendios.
A biblioteca municipal Antelana tamén estivo suxeita a unha reforma, impulsada pola Concellería de Cultura, e conta con novo mobiliario, equipamento renovado e a creación dunha aula de estudo permanente, que está aberta de luns a venres. Estas melloras chegan uns meses antes da celebración do 70 aniversario da biblioteca.
O fin do verán tamén supón novos horarios do servizo público, permanecendo aberta de luns a venres en horario de mañá e tarde, dende as 10,30 ata as 13,00 horas e dende as 15,30 ata as 20,45 horas. Pola súa banda, a aula de estudo permanecerá aberta dende as 9,00 ata as 14,00 horas e co mesmo horario ca biblioteca pola tarde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCUBREN UN ARSENAL DE DROGAS
El narcofuncionario de Xinzo: de empleado público a acumular peticiones de más de 24 años de cárcel por su vida criminal
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
Lo último
FÚTBOL OURENSANO
El Arenteiro, más cerca de Tercera que de Segunda RFEF
DESBROCES CONTRA INCENDIOS
El alto precio de las parcelas "fantasmas" en Barbadás, 800.000 euros al año: "Es inasumible"
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Garrapatas: un riesgo en expansión
ECONOMÍA Y ALTAS TEMPERATURAS
El número de peregrinos del Camiño de Inverno por Valdeorras, a la baja