A nova edición do Patapas aumenta nun 30% os premios
GASTRONOMÍA
O concurso pretende consolidarse como a cita gastronómica da pataca na Limia
Os profesionais da hostalería de Xinzo de Limia reuníronse esta semana cos representantes do Concello para traballar nas novas bases das que desfrutara a terceira edición do Patapas, o concurso de Tapas de Pataca da vila. No encontro, celebrado o pasado luns, os participantes compartiron propostas co obxectivo de aumentar a participación e favorecer que o público interesado se achegue a tódolos estrablecementos, incluso a eses que están fóra das principais rúas da vila.
Unha das principais novidades acordadas nesta primeira reunión, foi o aumento na dotación de premios, que acadará os 3.500 euros, aumentando nun 30% a da pasada edición. Os hostaleiros e o Concello manterán unha nova reunión o vindeiro venres, 14 de novembro, na que se pechara a inscrición de locais participantes. Unha vez asentadas as bases e os derradeiros detalles, o Concello e os hostaleiros darán a coñecer a listaxe de establecementos participantes e as datas nas que se poderán desfrutar as tapas.
O Patapas pretende consolidarse como a cita gastronómica da pataca na Limia, impulsando a creatividade e a dinamización económica da vila, á par que fomenta a colaboración entre o tecido empresarial e o Concello. Na derradeira edición, celebrada do 21 de novembro ao 8 de decembro de 2024, preto de 20 establecementos ofreceron pinchos co produto estrela da comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PIDEN COLABORACIÓN
Desaparecida en Vigo una joven de 25 años desde el 9 de septiembre
AS BURGAS BASKET CUP
🔴 Directo | El COB se estrena en el Pazo ante el Oliveirense