Alumnos do Padre Feijóo-Zorelle, protagonistas dun pleno na Deputación de Ourense
sesión plenaria
43 estudantes de 3º de Infantil e de 4º da ESO participaron xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, nunha sesión plenaria na que debateron sobre mobilidade, medio ambiente e servizos sociais
43 estudantes de 3º de Infantil e de 4º da ESO participaron xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, nunha sesión plenaria na que debateron sobre mobilidade, medio ambiente e servizos sociais. O Salón de Plenos da Deputación de Ourense acolleu esta actividade na que participou o alumnado do Colexio Padre Feojóo-Zorelle de Ourense, que, acompañados polos seus profesores, protagonizaron xunto a Manuel Baltar, e aos deputados provinciais, Montserrat Lama e Manuel Doval, un pleno infantil e xuvenil no que se aprobaron "por maioría" mocións relativas a temas de melloras na mobilidade, medio ambiente e servizos sociais.
O presidente da Deputación de Ourense destacou a importancia de levar a cabo este tipo de eventos que achegan a institución aos máis novos e explicoulles aos alumnos as actividades que se desenvolven no Salón de Plenos da institución provincial. Os alumnos propuxeron diferentes iniciativas de mobilidade e medioambiente, e o presidente destacou que neste senso ao seguinte pleno iría unha proposta para destinar 200.000 euros a un plan de transporte metropolitano da comarca de Ourense. Ao remate do pleno, cada alumno foi agasallado cunha medalla acreditativa e cos libros O patrimonio provincial da ourensanía e Aproximación ao pensamento e ideoloxía de Vicente Risco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CUNHA PROGRAMACIÓN RENOVADA
Cúmprese a 30 edición de Pazolandia, parque de atraccións máis innovador e inclusivo
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Europa y nosotros: 40 años
Chito Rivas
OBITUARIO
Dos focos á trincheira
BIEN DE INTERÉS CULTURAL
Obras de mejora en Santa María la Real de Entrimo