Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
O meu cole chámase...
Antes de comezar, pensa que os límites de Galicia na época dos romanos non eran os mesmos cós actuais. Daquela, Gallaecia chegaba ata Oporto e a actual Braga era unha das súas cidades principais. En tempos do emperador Antonio Augusto, coñecido como Caracalla, trazouse o coñecido como “Itinerario Antonino”, un documento do século III d. C. que recollía tódalas vías do Imperio Romano. O obxectivo era ter un control militar sobre a extensión dos dominios de Roma na época a través deste particular mapa de estradas, algo similar ó gps que tes hoxe no teléfono móbil.
O que hoxe coñecemos como “Vía Nova” era daquela a Vía XVIII. Como dixemos, Braga (Bracara Augusta) era unha das cidades principais da Gallaecia daquela época, xunto con Lugo e Astorga (hoxe en León). Esta última era o destino desta “estrada” que partía de Braga e que atravesaba as terras da actual Baixa Limia. A súa lonxitude é duns 330 kilómetros, unha distancia de 215 millas na medida dos romanos. Estas millas marcábanse con pedras como as da imaxe, que se chamaban miliarios e que aínda se conservan en moitos puntos desta Vía Nova.
Pero, sen dúbida, o resto máis importante desta Vía Nova é o lugar coñecido como “A Cidá”, ó que os romanos chamaban Aquis Querquennis. Trátase dun campamento romano situado na actual parroquia de Baños de Bande. O lugar, construído a finais do século I d.C. continúa sendo hoxe un importante reclamo turístico, que pode visitarse cando o nivel do embalse das Conchas o permite. Este ben de interese cultural é ademais o que lle dá nome ó instituto de Bande, ó que acoden mozas e mozos da Baixa Limia facéndolle diariamente unha homenaxe a toda esta historia de romanos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
Xornal Escolar
O Campamento Urbano de Amencer, un clásico das vacacións
Lo último
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
O día que tremeu a terra e calou a burga
TRAS DOS DERROTAS
El Voleyourense se lleva el derbi en A Coruña (2-3)
Francisco Muro de Iscar
Una mirada preocupada al País Vasco