Mañás de Nadal de Amencer

As mañás máis divertidas son as de Amencer

Coincidindo coa fin das vacacións de Nadal concluíu tamén unha nova entrega das Mañás de Nadal da asociación xuvenil Amencer, unha iniciativa que acadou este ano a súa décimo oitava edición consolidada como un referente do tempo libre educativo na cidade. O programa, que se desenvolveu nas instalacións do colexio Salesianos, ofreceu un espazo lúdico e formativo para rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos durante o período de vacacións escolares.

O proxecto naceu co obxectivo de dar resposta á necesidade das familias de conciliar a vida laboral e persoal durante as festas, ao tempo que ofrece aos menores unha alternativa de ocio de calidade cun programa de actividades que fomenta a educación en valores a través do xogo, a creatividade e o traballo en equipo.

O calendario, que abarcou 10 xornadas distribuídas entre decembro e xaneiro, contou con actividades diferenciadas por idades. Deste xeito, en Infantil os máis pequenos mergulláronse no espírito do Nadal con obradoiros de cociña, contacontos e visitas á pista de xeo. En Primaria participaron en dinámicas máis activas, como os "Xogos Olímpicos de Inverno", o obradoiro de repostería e xornadas de piscina. Non faltaron as saídas a Pazolandia ou a gran Festa de Fin de Ano. Nesta edición, participaron 94 nenos e nenas e contaron cun equipo humano de 15 persoas.

Contenido patrocinado

También te puede interesar

Lo último

stats