Xornal Escolar
Ecología integral
O meu cole chámase...
A súa vida estivo adicada ás causas xustas. Concepción Arenal Ponte naceu en Ferrol no ano 1820 e faleceu en Vigo no 1893. Son moitas as cousas ás que se adicou pero, sobre todas elas, salienta a súa vocación cara ós demais. Está considerada a precursora do Traballo Social en España e, durante toda a súa vida, defendeu o traballo solidario das comunidades relixiosas, ademais de denunciar todo aquilo que considerou inxusto: a condición das mulleres no século XIX , a situación dos cárceres e os dereitos dos que menos tiñan.
Ademais, foi autora de moitos libros e colaboracións en xornais, algunhas en colaboración co seu marido, o escritor e avogado Fernando García Carrasco. Entre as obras máis famosas da ferrolá están “La educación de la mujeres”, “La mujer del porvenir” ou “La beneficencia, la filantropía y la caridad”, todos con temática reivindicativa.
Un dos grandes desexos de Concepción Arenal dende que era ben pequeniña era o de ser avogada. Quizais hoxe non soe demasiado raro, pero a mediados do século XIX, para poder ingresar na Facultade de Dereito en madrid, tivo que disfrazarse de home, cortar o pelo e vestir coma os mozos da época. Aínda que descubriron a súa trampa, o reitor autorizoulle a asistencia ás clases despois de facerlle un exame, se ben non a deixaban ir sola a ningún sitio do campus e sentábana aparte dos seus compañeiros.
Esta situación é un bo exemplo do carácter de Concepción Arenal, que está considerada como unha das pioneiras do feminismo. A través dos seus libros criticou as teorías que defendían que a muller era inferior e defendeu con tódalas súas forzas o acceso a tódolos niveis educativos.
Getafe, Murcia, Potes, Madrid, Leganés, Zaragoza, Castellón, Córdoba… O nome de Concepción Arenal está presente en colexios de toda España. E, por suposto, tamén en Ourense.En Galicia hai tres centros educativos que lle renden homenaxe. Ademais do da cidade, hai outro na Coruña e un terceiro no seu Ferrol natal. Non podía ser doutro xeito tratándose dunhas das primeiras mulleres que acudiron á universidade, aínda que tivera que facelo baixo outra identidade.
A pesar de que naceu e morreu en Galicia, a escritora, poeta e pensadora deixou unha importante impronta en toda España. Para os máis pequenos é un referente dunha muller loitadora e pioneira, por iso son moitos os centros educativos que levan o seu nome. Pero tamén é un exemplo para toda a sociedade e son ducias as rúas por toda España que gardan os pasos desta galega universal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Ecología integral
Xornal Escolar
Galería | Maristas, subcampeones en la liga de drones
Xornal Escolar
Galería | Las matemáticas más divertidas
Lo último
AVANCE ORDENADO Y CONSTRUCTIVO
Trump afirma que no cerrará un pacto precipitado con Irán
MANIFESTACIÓN POR EL TERRITORIO
La protesta anual contra Ence toma el centro de Pontevedra y suma la petición por el archivo de Altri
EL COCHE INVADIÓ LA ACERA
Una mujer fallece y su hija resulta herida tras un atropello múltiple registrado en Sanxenxo