Xornal Escolar
Galería | Unha xornada musical en Celanova
semana da mobilidade
Moverse a pé pola cidade, elixir a bicicleta no canto do coche, desprazarse en transporte público son tres accións de fácil execución pero que traen consigo grandes beneficios, non só para o que as toma senón para o conxunto de todo o planeta. Por iso, un dos esforzos máis importantes dos organizadores da Semana da Mobilidade en Ourense foi o de realizar actividades cos máis pequenos, para conciencialos sobre a importancia de tomar esas decisións e non outras, de optar pola saúde e non pola comodidade, de elixir o coidado do medio ambiente e esquecerse das catro rodas.
Ademais deste primeiro camiño dende tres centros escolares urbanos ata o Xardín do Posío, o Concello de Ourense lanzou propostas como xincanas de bicicletas, circuítos de educación viaria, obradoiros de reparación de bicicletas, rutas de accesibilidade, quedadas de patinadores ou saídas cicloturistas. Foron sete días dunha frenética actividade que buscan converter Ourense nunha cidade máis amiga da sostenibilidade. Tódalas propostas foron un éxito de participación e culminaron o pasado domingo cos miles de inscritos no Día da Bici. Agora, despois desta semana de accións de promoción, queda que o resto do ano continúen estes hábitos, especialmente entre os máis pequenos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Galería | Unha xornada musical en Celanova
Xornal Escolar
Galería | Los Ecovigilantes descubren el mundo de las abejas
Xornal Escolar
Galería | Creatividade e innovación no colexio de Mende
Xornal Escolar
Galería | Unha gran biblioteca viva polo Día do Libro
Lo último