Eduardo Barreiros
O meu cole chámase...
Dende neno entre motores
Nogueira de Ramuín é o municipio que viu nacer a Eduardo Barreiros no ano 1919. Sendo pequeno acompañaba ó seu pai na liña de autobús na que traballaba unindo Os Peares coa capital ourensá. Con 12 anos, deixou os estudos para axudar como revisor neste traxecto, comezando así a súa fonda relación co mundo da automoción. Moi pronto, os motores deixaron de ter segredos para el, de xeito que a súa vida empresarial quedou ligada para sempre ás catro rodas. Eduardo Barreiros faleceu na Habana (Cuba) en 1992 convertido nun dos grandes empresarios da historia de España.
De gasolina a diésel
As grandes habilidades que dende neno demostrou Eduardo Barreiros no campo da mecánica levárono a deseñar o grande invento polo que pasaría á historia: a transformación patentada dos motores de gasolina a diésel. Tal foi o éxito desta invención que fundou a empresa Barreiros Diésel a mediados dos anos 40 en Ourense. A comezos da seguinte década estableceuse en Madrid converténdose no maior empresario do sector automovilístico da época. No ano 2007 gravouse un documental sobre a súa vida titulado “Barreiros, motor humano”.
Importante legado
Hoxe, dúas décadas despois do seu falecemento, Eduardo Barreiros continúa a ter unha fonda pegada na sociedade ourensá. Ademais da fundación que leva o seu nome, existe tamén un museo sobre o seu traballo en Madrid e un Club Barreirista que reúne amantes dos coches do empresario ourensán. A nivel educativo, o nome de Eduardo Barreiros foi o elixido para o centro de Formación Profesional que está previsto que abra proximamente para ofrecer estudos formativos medios e superiores, situado no entorno de Mariñamansa da cidade de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLAN DE MICOASFALTADO URBANO
El microasfaltado, nueva fórmula para los baches
2,4 PUNTOS DE DESCENSO
El Banco de España confirma que el euríbor se moderó al 2,221%
INSERCIÓN LABORAL
A Mancomunidade de Verín aposta pola formación para desempregados
La Región
Vanidad y dignidad