Galería | Así celebraron os colexios de Ourense o 8M
Día de la Mujer
Os escolares da provincia sumáronse ás conmemoracións do Día Internacional da Muller
Un ano máis, as novas xeracións non quixeron deixar pasar a ocasión de unir as súas voces ás reivindicacións do Día Internacional da Muller. O 8M contou cos alumnos dos colexios ourensáns para reclamar avances en materia de igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
Esta xornada converteuse tamén nunha data salientada nas axendas escolares, de xeito que nas aulas aproveitan para realizar actividades creativas e reivindicativas coas que concienciar ó alumnado sobre a tolerancia e o respecto.
Contenido patrocinado