Mellora da calidade educativa
A PRESENTACIÓN
No CEIP Plurilingüe profesor Albino Núñez todas as aulas están adaptadas para o desenvolvemento do novo concepto de ensinanza-aprendizaxe enmanado da Lomce.
O Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez está situado no extrarradio da cidade, na zona do Pino, acolle alumnado tanto do casco urbano coma da periferia rural.
A comunidade educativa goza dun enorme recinto escolar, cunha ampla zona verde de arboreda e con dúas pistas polideportivas para facer todo tipo de actividades deportivas e lúdicas.
Todas as aulas están adaptadas para o desenvolvemento do novo concepto de ensinanza-aprendizase emanado da LOMCE (baseado na Recomendación do Parlamento e Consello de Europa sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente) e dotadas cos medios Tic,s que fan posible unha oferta educativa en consonancia coas esixencias das novas metodoloxías no ensino.
O centro está inmerso no desenvolvemento de varios proxectos e programas: Abalar, plurilingüismo, PROA (reforzo, orientación e apoio), SI (saúde integral), horto escolar, comedor 5S: saudable,sorrinte,silencioso,solidario, e sensible, entre outros proxectos.
O centro conta cunha grande biblioteca, totalmente renovada, tanto na súa estrutura coma nos fondos que contén.
Actualmente estase a traballar a fondo para que poida ser incluída no Plan de mellora de bibliotecas escolares, Plambe.
Neste centro educativo centro destaca o proxecto de comedor escolar no que están moi implicados o persoal de cociña, encargada de comedor, nais e pais colaboradores/as no servizo do comedor escolar e as propias familias, gracias ao seu compromiso estanse obtendo fabulosos resultados segundo os obxectivos propostos.
Tamén destacar a transparencia, do Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez, na información e comunicación con toda a comunidade educativa (facendo especial fincapé na páxina web do centro),o compromiso do profesorado coa liña educativa do centro, a aposta polas novas tecnoloxías e a asunción responsable do cambio preciso na metodoloxía de traballo co alumnado para acadar un centro no que a calidade do ensino sexa o principal obxectivo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último