Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
XORNAL ESCOLAR
A Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 12ª edición cun programa de actividades que se vai desenvolver en distintos espazos da cidade do 26 ao 30 de decembro. Nesta edición da mostra haberá un total de 22 espectáculos a cargo de 18 compañías, 11 delas galegas xunto coas de Andalucía, e outras de Castela e León, Euskadi, Madrid, Comunidade Valenciana e Cataluña. Cómpre destacar, ademais, o grande abano de idades para as que vai dirixida esta edición, que pretende captar público desde 1 ano até os 12 anos.
No marco da programación da MOTI o sábado, día 26 de decembro, o Teatro Principal acolle o espectáculo de clown: Peor imposible,pola compañía galega Peter Punk.
Haberá unha única función ás 17.00 horas. A entrada ten un custo único de 4€ e pódese mercar na taquilla do teatro o día previo á función, de 12.00 a 14.00 horas ou o mesmo día da función, de 12.00 a 14.00 horas e dúas horas antes do seu comezo. Reservas on line en: www.ataquilla.com e no teléfono: 902-504.500.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio
PASO A PASO
Sarpullido por calor: qué es y cómo aliviarlo