Xornal Escolar
Ecología integral
aulas abertas
Medio cento de persoas participaron hai uns días nunha serie de accións de rexeneración de montes queimados de Tourón. Estas propostas, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, buscan promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindible para reverter o problema incendiario.
A actividade, na que participaron numerosos nenos e nenas, estivo impulsada por Amigos da Terra e contou coa colaboración do Grupo Scout Ilex 695 de Ourense e o colectivo ecoloxista Vergasta, de Tourón.
Do grupo de voluntarios, aproximadamente 30 eran rapaces scout de Ourense, que se encargaron de desenvolver labores de reforestación. A participación do Grupo Scout Ilex 695 está encaixada nos seus valores a prol do medio ambiente e a sociedade, parte da educación en valores que desenvolve.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Ecología integral
Xornal Escolar
Galería | Maristas, subcampeones en la liga de drones
Xornal Escolar
Galería | Las matemáticas más divertidas
Lo último