Xornal Escolar
Galería | Los Ecovigilantes descubren el mundo de las abejas
Para reflexionar... Cando a nosa filla de 3 anos está xogando cun amiguiño é aceptado que se fagan comentarios como: "é teu mozo?". Pero non se nos ocorre tal comentario cando con quen xoga é cunha amiguiña. Quizais sobrarían ambas preguntas. Pero é cando menos curioso observar como funcionan os estereotipos.
Pero comecemos polo principio: que é para ti a sexualidade? Dende a RAG dinnos que a sexualidade é un conxunto de fenómenos relacionados co sexo ou conxunto de características propias de cada sexo, observables nos seres vivos. Pero que tamén pode ser un conxunto de comportamentos e de manifestacións relativas ao instinto sexual e á súa satisfacción.
As compañeiras de Incisex din que a sexualidade é a dimensión que cada persoa dá ao feito de ser sexuada. Así que, aberto este melón, imos ver de que estamos falando.
Un mestre que tiven, Joserra Landa, dicía que as persoas nos sexuamos como mulleres "e" como homes, non como mulleres "ou" homes; sería conxuntivo non disxuntivo. O cal resúmese en que tódalas persoas somos intersexuais (temos "do outro"), ou senón de que falamos cando falamos da nosa parte masculina ou feminina?
É fácil confundir o "sexo" dos bebés; isto é porque carecen de moitas marcas externas que o indiquen e que cos anos irán (ou non) adquirindo: os pendentes, pelo largo ou curto, adornos no cabelo, estilo de peiteado, maquillaxe e, por descontado, a roupa.
Eu sempre entendín que sexualidade era todo aquilo que me producía pracer. Deste xeito, a maternidade en si é sexualidade: o parto, aleitamento, pel con pel… Ou o comezo da vida (a concepción) non é sexualidade?
Aínda que vos sorprenda contareivos que as e os bebés xa teñen orgasmos; cando maman, teñen unha erección nuns peliños das enxivas e poñen os ollos en branco, iso é un orgasmo oral, como dicía Laura Perales.
E dende ese momento da concepción e ata a adultez pasaremos por diferentes etapas, que dicían os psicoanalistas: fase de sustentación, fase oral (ata 3 anos), fase anal (final 3 anos e ata 6 anos), fase edípica (6-7 anos), fase de latencia (ata a adolescencia) e fase xenital (dende a adolescencia en adiante). Destas fases será na fase anal cando as nosas fillas e fillos se entreteñan mirando as súas feces, os pises, a vulva, o pene... e exploraran todo isto con curiosidade e do mesmo xeito que na etapa oral levaban a boca todo canto atopaban: o puño, a camiseta, un colar, unha margarida, unha pedra.... sen máis maldade ca esa. Pero coidado coa nosa mirada, esa mirada sesgada e intoxicada pola nosa cultura, crenzas e medos.
Estas fases son as que din que se suceden na nosa sociedade occidentalizada, pero non é así en todas partes nin ten que ser así para as nosas crianzas. Seica hai outro modo. As peques criadas dende o respecto e confiando na súa propia autorregulación parece que so pasan tres fases: fase de sustentación, fase oral e fase xenital (de 3 anos en diante).
Imos ver que pasa entón entre os 3 e 6 anos e que podemos facer para plantexar a vivencia da sexualidade das nosas fillas e fillos dun xeito sán. Nestes anos desenvólvese unha nova e importante virtude: a iniciativa, froito da forte curiosidade de esta idade.
Observaremos:
Para as persoas que estades lendo e isto todo vos revolve, non vos encaixa, soa demasiado louco ou vos parece que promove a promiscuidade; vos pediría que quitarades as gafas de adulto, que revisarades crenzas, que mirarades a vosa nena ou neno interior ferido e que vos acollades con amor a vós mesmas para poder avanzar.
Se atopas dificultades para manexar ou plantexar algún tema sempre podes recorrer aos libros, que poden servir de porta para unha interesante conversa. Podes buscar na biblioteca: "Como nacemos" dos Bolechas, que aborda a concepción e é ideal para as crianzas de infantil, "Sexo es una palabra divertida" de Cory Silverberg e Fiona Smyth, recomendadísimo para adolescentes, os libros de Cristina Romero publicados coa editorial Ob Stare (el libro rojo de las niñas, el libro dorado de los niños, el libro violeta...), "Mi cuerpo es mío" ou "Ni un besito a la fuerza" para lembrar que o seu corpo lles pertence e "Mía se hace mayor", "Bruno se hace mayor" ou "La regla mola" para falar de todos eses cambios que virán coa preadolescencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Galería | Los Ecovigilantes descubren el mundo de las abejas
Xornal Escolar
Galería | Creatividade e innovación no colexio de Mende
Xornal Escolar
Galería | Unha gran biblioteca viva polo Día do Libro
Xornal Escolar
Galería | Tradicións cheas de diversión en Amencer
Lo último