O carballo de Padroso, en Xunqueira de Ambía, declarado árbore senlleira
29 ÁRBORES SENLLEIRAS EN OURENSE
O DOG publicou este luns a súa inclusón no Catálogo de árbores senlleiras
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución pola que se inclúe no Catálogo galego de árbores senlleiras un exemplar, o carballo de Padroso, no concello de Xunqueira de Ambía.
Este exemplar, que ademais de atoparse na franxa de protección dos Camiños de Santiago - Vía da Prata-, cobrou nos últimos anos un significado cultural especial ao converterse a festa que se celebra ao seu carón todas as primaveras nunha tradición en defensa deste carballo, das carballeiras en xeral e do medio ambiente de Galicia. Este acto de homenaxe organízao a Fundación Bieito Ledo, e este 2025 celebrou a súa terceira edición. Ademais, esta celebración vese “enriquecida coas achegas de escritores, poetas, músicos, artistas e xentes da cultura que lle achegan unha dimensión especial a este evento”, indican dende a consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, incidindo en que nos últimos anos mesmo se publicaron libros dedicados a este carballo.
Na actualidade, o Catálogo galego de árbores senlleiras suma xa un total de 205 elementos (157 exemplares e 48 formacións arbóreas) pertencentes a 84 especies diferentes dos cales 29 se atopan na provincia de Ourense. O carballo de Padroso convértese no segundo recoñecido da comarca de Allariz-Maceda, xunto ao castiñeiro de Santa Eufemia, no Concello de Baños de Molgas.
O Catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público en constante actualización e que foi creado en 2007. A inclusión neste catálogo pode ser solicitada polas persoas propietarias, as administracións, os centros de investigación ou as asociacións e entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus fins a protección da natureza.
Neste catálogo son susceptibles de incluirse todas aquelas árbores e formacións merecedoras de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interés científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquer outra circunstancia que lles faga merecedoras de unha especial protección.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMIÑO DE SANTIAGO
Homenaxe a Elías Valiña na Casa da Cultura de Xunqueira de Ambía
"REXEITAMENTO AO PLAN ENCE"
Rexístranse máis de mil alegacións contra a planta de Xunqueira de Ambía
29 ÁRBORES SENLLEIRAS EN OURENSE
O carballo de Padroso, en Xunqueira de Ambía, declarado árbore senlleira
Lo último