IMPULSO AL CAMINO DE SANTIAGO
Xunqueira de Ambía impulsa un albergue para peregrinos
FALANDO DE SOLIDARIDADE
Hai momentos que definen a historia dun pobo. Neste caso, un momento amargo como foi o accidente de Angrois (Santiago de Compostela) de 2013, no que dúas veciñas de Xunqueira de Ambía, Celtia Cabido e Eva Pérez, faleceron. Esa desgraza supuxo que a veciñanza se unise dunha maneira sen precedente para apoiar ás familias das dúas mozas e a tódalas persoas afectadas polo sinistro.
Para manter vivo o recordo de Eva e Celtia, pero tamén ese espírito solidario, xurdiu o certame “Falando de Solidariedade”, unha iniciativa do CEIP Padre Crespo que leva organizando xa trece anos e que nesta edición puxo especial atención a outro deses momentos definitorios: a vaga de lumes de 2025.
A cerimonia comezou coa voz de Lorena Sotelo e Sergio Tannus á guitarra, cantando “Non queremos os teus lumes nunca máis”, unha letra que asentou a temática da cita. A continuación, o director do centro educativo de Xunqueira de Ambía, Javier Pérez Gallego, dedicou unhas palabras a tódolos presentes: “A solidariedade sempre sae nos momentos difíciles. Toda a veciñanza semellaba unha soa man tentando apagar os lumes”, convidando a “espallar a semente” entre os máis novos.
Os alumnos foron os encargados de conducir o acto, nomeando aos finalistas e gañadores de tódalas categorías, dende os debuxos dos cativos de Infantil ata as poesías e relatos dos máis maiores. Durante un momento da tarde, marcada polas longas ovacións e aplausos, os cativos pediron que todos se comprometesen en voz alta: “Lumes nunca máis”, soou ao unísono na Colexiata da vila, o escenario desta xa tradicional velada.
Os presentes desfrutaron de tódolos debuxos e creacións. Malia que só os finalistas levaron un agasallo, os centos de persoas que onte ateigaron a Colexiata leváronse con eles unha mostra da importancia da comunidade, exemplificada cos aplausos xordos que se fixeron, empatizando cos rapaces que teñen necesidades especiais. Sumado aos debuxos, poemas e relatos, todos centrados nos lumes, Xan Portela, axente medioambiental, falou do labor dos profesionais durante os incendios. A tarde rematou cunha merenda e música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPULSO AL CAMINO DE SANTIAGO
Xunqueira de Ambía impulsa un albergue para peregrinos
FUNDACIÓN BIETO LEDO
O Carballo de Padroso recorda ao “profesor” Alonso Montero
Prevención de inundacións
A Hidrográfica limpa o cauce do río Pozo Grande en Ambía
Lo último
La Región
Echar un pitillo
La Región
Arabia Saudí mueve ficha: la región tiembla
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Su señora de usted
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Cando a ansia manda