Prevención de inundacións
A Hidrográfica limpa o cauce do río Pozo Grande en Ambía
BIEITO LEDO
A Fundación Bieito Ledo, con sede en Padroso (Xunqueira de Ambía), acollerá mañá luns a un grupo de pelegríns procedentes de 11 países de América, Europa e Asia que se reunirán para homenaxear ao carballo de Padroso, coñecida como “a árbore do mundo que máis fala”. Os camiñantes, de países coma Brasil, México, Venezuela, Estados Unidos, Irán ou Iraq, veñen percorrendo a Vía da Prata e decidiron sumarse a esta iniciativa, impulsada por Patricia Abdelnour Pire con motivo do seu cincuenta aniversario, para recoñecer a esta árbore centenaria, un fito do camiño mozárabe.
Durante o encontro, os participantes asinarán un diploma deseñado polo artista Antón Pulido para deixar constancia da creación dunha nova asociación vencellada á fundación. Este novo colectivo nace co obxectivo de fomentar o coñecemento e a protección desta ruta histórica do Camiño de Santiago nos seus respectivos países, así como para reforzar o compromiso ecolóxico co carballo de Padroso, que o pasado novembro foi incluído no Catálogo galego de árbores senlleiras de Galicia. O documento incluirá así mesmo s bandeiras das 11 nacións representadas a carón dos nomes dos asinantes.
O programa organizado para a xornada de mañá contempla un percorrido a pé de cinco quilómetros dende o carballo ata Xunqueira de Ambía. Unha vez alí os pelegríns realizarán unha visita guiada á Colexiata, onde poderán coñecer a igrexa e o claustro ademais de desfrutar dun concerto de órgano barroco para apreciar as súas calidades acústicas, antes de continuares o traxecto cara a Allariz, dende onde realizarán as etapas finais do Camiño.
Bieito Ledo, presidente da fundación, destaca o valor natural e cultural deste exemplar centenario que “dialoga co pobo”, a través dunha colección de libros que xa suma tres volumes, e que recollen textos inspirados polo carballo de Padroso, escritos por persoeiros e figuras importantes da cultura e sociedade galegas. De feito, esta serie bibliográfica ampliarase o vindeiro 11 de xullo coa publicación dun cuarto libro. Esta nova obra contará con Víctor Freixanes como prologuista, sumándose así aos anteriores traballos presentados polo propio Bieito Ledo, Xesús Alonso Montero ou Manuel Bragado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Prevención de inundacións
A Hidrográfica limpa o cauce do río Pozo Grande en Ambía
FALANDO DE SOLIDARIDADE
“Lumes nunca máis” soou ao unísono na Colexiata de Xunqueira de Ambía
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
AFEA LAS CRÍTICAS DE TRUMP
Javier Solana defiende el papel de España en la OTAN: "Estamos haciendo todo lo que hay que hacer"