Prevención de inundacións
A Hidrográfica limpa o cauce do río Pozo Grande en Ambía
2 MILLÓNS PARA MELLORAR INFRAESTRUTURAS
A Graña, no concello de Xunqueira de Ambía, acollía este venres o acto de entrega de títulos de propiedade da concentración parcelaria. O desenvolvemento do proxecto reduciu o número de parcelas, pasando de máis de 4.300 a apenas 848, aumentando a superficie media dos predios considerablemente, pasando dos 813 a preto dos 4.000 m².
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que presidiu o acto acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, o alcalde José Luis Gavilanes e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, quixo facer fincapé no valor que ten este cambio, que continúa aumentando a superficie que o termo municipal de Xunqueira de Ambía ten concentrado, chegando xa a case o 37% do seu territorio, contribuíndo a paliar o minifundismo, á vez que se procura reducir e reverter o abandono das terras produtivas, mellorando as condicións de desenvolvemento das actividades agrícolas, gandeiras e forestais.
A Xunta de Galicia achegou preto dos dous millóns de euros para completar estas medidas, entre outras actuacións, como a creación dunha rede de camiños superior aos 21 quilómetros nunha superficie de 413 hectáreas, e que beneficiou a un total de 387 propietarios. Gómez tamén subliñou que a través das parcelarias contribúese a paliar o minifundismo e a maiores, reducir e reverter o abandono das terras produtivas, o que mellora as condicións de desenvolvemento das actividades tanto gandeiras e agrícolas como forestais. Todos os receptores dos títulos foron felicitados por esta nova situación que axudará a incrementar o valor das terras e reducir os custos de produción.
Desde o ano 2020 o Goberno galego rematou 33 concentracións parcelarias, que abarcan unha superficie total de máis de 22.800 hectáreas, beneficiando algo máis de 17.600 propietarios que recibiron uns 37.600 títulos de propiedade. Ao tempo, sinalou Gómez, desde o ano 2021 se decretaron 29 novas parcelarias, que abarcan máis de 24.700 hectáreas e máis de 112.000 parcelas de arredor de 16.300 titulares. Os investimentos realizados nos procesos de concentración supuxeron unha achega de 140 millóns de euros dende 2009.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Prevención de inundacións
A Hidrográfica limpa o cauce do río Pozo Grande en Ambía
FALANDO DE SOLIDARIDADE
“Lumes nunca máis” soou ao unísono na Colexiata de Xunqueira de Ambía
Lo último
DIEZ AÑOS DE LA MANADA
Detenido un hombre por una presunta agresión sexual durante los Sanfermines, en Pamplona
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | A Merca disfruta de una gran Festa do Porco ó espeto, en fotos
ATERRIZAJE DE EMERGENCIA
Un pasajero es parcialmente succionado tras romperse una ventanilla en un vuelo de Ryanair en Grecia