COLEGIATA DE SANTA MARÍA A REAL
Seis empresas optan a renovar el núcleo de Ambía
"REXEITAMENTO AO PLAN ENCE"
Os colectivos ecoloxistas Stop Eólicos Xurés Celanova, MEL e a plataforma Auga Limpa Xa! fan público que logo de tres semanas acadaron máis de 1.000 alegacións contra o proxecto da planta de Biometano en Xunqueira de Ambía, co apoio dos veciños e veciñas da contorna, activistas do centro social Alvariça de Allariz e os concellos de Xunqueira de Ambía, Sandiás e Xinzo.
Dende a agrupación de organizacións consideran que esta nova industria “se presenta como 'solución' para a xestión dos xurros, mais en realidade agravaría o problema da contaminación por nitratos das augas do Limia”. As alegacións fixéronse a través de rexistros municipais e a Subdelegación do Goberno en Ourense, “elaboradas en base aos escritos contra o proxecto presentados pola asociación ecoloxista Petón do Lobo e polo BNG”, e segundo indican, “deixan patente o rexeitamento social ao plan de Ence na zona afectada e na contorna da Limia, mentres as autoridades competentes evitan enfrontar o grave problema da contaminación dos acuíferos e das masas de auga superficiais que poñen en risco a saúde da poboación.”
Ence, mediante a súa filial galega Biofertilizantes e Biometano Sertogal Xunqueira, lanzou un novo proxecto industrial en Xunqueira de Ambía, destinada á producción de biofertilizantes e biometano, achegando preto de 25 millóns de euros na planta, que “generará aproximadamente un 90% de fertilizante orgánico y un 10% de gas renovable”, según la empresa.
O proxecto “se caracteriza por un modelo de operación diferencial, diseñado para funcionar sin emitir olores”, apuntan desde Ence, explicando que “favorecerá la desnitrificación de acuíferos gracias a la correcta valorización de estiércoles y purines”, e que “en ningún caso se aplicará el digesto al campo, sino que incorpora una planta de producción de fertilizante orgánico seco de alta calidad, sin emisiones de nitrógeno amoniacal”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLEGIATA DE SANTA MARÍA A REAL
Seis empresas optan a renovar el núcleo de Ambía
IMPULSO AL CAMINO DE SANTIAGO
Xunqueira de Ambía impulsa un albergue para peregrinos
Lo último
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta