EXPRESIONES ARTÍSTICAS
Xunqueira de Espadanedo reluce con su nueva imagen: nuevos murales y tótems informativos
RECUPERAR SABERES
A asociación Estivadinha, un colectivo de acción rural, converteu o Museo de Olería de Niñodaguia no berce do cambio no rural co seu proxecto “Museo Vivo”, unha das iniciativas que o colectivo está a impulsar para pór en valor o rural como un “espazo vivo, creativo e comunitario”, segundo explicou Alba de Artesande, unha das creadoras da asociación.
Coa intención de recuperar saberes e manter tradicións, este domingo o museo abriu as súas portas a un grupo diverso de persoas para participar nun obradoiro de olería: “Non foi só unha actividade, senón un espazo onde se creou vínculo”, apunto de Artesande, “a intención é reconstruír o tecido comunitario”.
“A idea é resignificar o concepto de museo”, explicou De Artesande, “converténdoo nun espazo dinámico e de transformación”. Para iso, A Estivadinha organiza obradoiros durante maio e xuño no espazo, unha iniciativa para a que contan co apoio do Concello de Xunqueira de Espanadedo e a axuda de “Eugenia, a técnica de turismo, que nos deu a coñecer a historia de Niñodaguia e o gran legado”.
Así, a vontade da asociación é crear “espazos vivos no rural, que non sexan só lugares para visitar puntualmente, senón espazos habitados, en movemento, onde pasen cousas”, e nace do “vínculo co territorio, co desexo de dinamizar a vida cultural, social e emocional das aldeas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPRESIONES ARTÍSTICAS
Xunqueira de Espadanedo reluce con su nueva imagen: nuevos murales y tótems informativos
Lo último
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total
TRAYECTORIA LITERARIA
La escritora española Cristina Fernández Cubas gana el Premio Cervantes 2026