ENTREVISTA - VIDA

O carballiñés Pablo Nogueira e a fantasía de Nube Branca

Pablo Nogueira medrou entre as páxinas dos contos que se acubillaban no seu dormitorio, os debuxos animados e os discos de rock que os seus irmáns maiores escoitaban na casa. Fontes de inspiración que o levaron a escribir "Nube Branca quere ser astronauta"

Pablo Nogueira coa súa publicación (Iago Cortón).
Pablo Nogueira coa súa publicación (Iago Cortón).
O carballiñés Pablo Nogueira e a fantasía de Nube Branca

Pablo Nogueira medrou entre as páxinas dos contos que se acubillaban no seu dormitorio, os debuxos animados e os discos de rock que os seus irmáns maiores escoitaban na casa. Fontes de inspiración que o levaron a ser parte dun grupo de rock, pero tamén a escribir "Nube Branca quere ser astronauta", un libro deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable. Viaxamos contigo, Nube Branca!

"Nube Branca" é o seu proxecto, cales foron os seus primeiros pasos? 

Comezou coma unha idea que me axudaría a traballar patróns da estimulación da linguaxe oral cos meus alumnos e alumnas. Pensei que sería útil e motivador, levar a cabo unha serie de exercicios no contexto dun conto, así que pensei en facelo e encantoulles. Dese xeito os nenos levan a cabo actividades a través da narración da historia onde se convirten en personaxes que participan dun xeito activo e interactúan en todo momento coa historia.

"Nube Branca quere ser astronauta" é o seu primeiro libro, que se atopa nel o lector?

Trátase dun conto que presenta unha estrutura de conto convencional (inicio-nó-desenlace) pero ten a peculiaridade de incluír unha serie de actividades a pé de páxina que complementan a narración. A través da realización de semellantes exercicios, procúrase que os lectores melloren na pronunciación dalgúns dos fonemas que máis lles custa pronunciar aos nenos, trabállanse aspectos coma a memoria secuencial auditiva, a comprensión lectora, a identificación das emocións ou a relaxación entre outros aspectos.

Ademais conta cunhas atractivas ilustracións, fálenos delas.OURENSE( O Carballiño) 06/08/2018 Pablo Nogueira escritor de cuentos infantiles .Vida..Iago Cortón

Tiven a sorte de que o conto fose ilustrado por Manuel Uhía, un experimentado artista que levou a cabo un traballo moi fermoso. Estou moi contento co resultado final dos debuxos. En certo modo, lémbranme dalgún xeito aos contos que me gustaban cando era un cativo. 

É difícil escribir para cativos?

Coido que o verdadeiramente difícil é facer algo que lles resulta motivador, atractivo e interesante. Para min, supón unha gran responsabilidade escribir para os máis pequenos, pois é importante presentarlles un material que os axude a amar dalgún xeito a lectura e non a rexeitala. Segundo o meu criterio, é fundamental o fomento da lectura dende as idades máis temperás, pois se creamos lectores dende a infancia e a lectura se convirte nun pasatempos para eles e ocupa algo do seu tempo de lecer, será unha gran vitoria. Pode que continúe cultivando o hábito lector ata que sexan maiores.  Coido que a lectura é imprescindible para unha  sociedade que pretenda evolucionar.

En que se inspira?

O que me inspira son os propios nenos e nenas. Por mor do meu traballo como mestre, paso moito tempo con eles e dalgún xeito, deseñei este conto á medida dos seus intereses e gustos. Tamén se pode decir que unha fonte de inspiración da que bebín, é o poder dos soños, pois no mundo dos soños todo é posible, do mesmo que xeito que o é na imaxinación dos nenos. A medida que nos imos facendo maiores imos perdendo, aos poucos, esa capacidade de soñar e de crear cousas que parecen inverósimiles. Esa capacidad,e aínda a posuén os nenos intacta. Un chisco desa maxia esfúmase a medida que nos convertimos en adultos e adquirimos as responsabilidades que trae consigo un estilo de vida adulta. Coido que aínda conservo unha parte de neno en mín e quizá iso axude a inspirarme, ao fin e ao cabo no mundo dos contos...todo pode ocorrer. Escribir contos para nenos, conéctame coa beleza da vida.

Que busca coa súa publicación?

Achegar un conto que deseñara para empregar nas miñas clases no colexio e levalo alén da aula e por suposto, espallar o idioma galego. É moi gratificante que as aventuras de "Nube Branca" cheguen ata aulas e fogares de toda Galicia. Souben que chegaron exemplares ata lugares coma o País Vasco, México, Arxentina, Guatemala, Australia e ata Brasil. É unha ledicia para min que un conto en galego atravese fronteiras. 

Estou moi contento coa boa acollida que está tendo nas librarías e nas feiras de libro ás que fun a presentalo. Ademáis, os nenos e as nenas, son o público máis sincero que pode haber, sempre din o que pensan de verdade sen tentar agradar coa súa opinción a ninguén... e a súa valoración está sendo inmellorable, así que eu non podo estar máis contento.

Cal cree que es la fórmula para que un libro resulte atractivo ao público infantil?

Coido que é necesario que as ilustracións sexan atraíntes e o texto dinámico e que ademáis de entreter, achegue algún tipo de ensinanza. Para min é moi importante que a  historia esté ben trazada á hora de ler un conto e sobre todo, que permita a interacción de quen o está a ler. Unha das cousas que máis me gustan deste tipo de literatura é que poidas mergullarte de cheo na historia, chegando mesmo a participar dela.

Por outra banda, tiven a gran sorte de contar co bo facer de Manuel Uhía nas ilustracións e o coidado formato que lle outrogaron dende Baía Edicións á hora de levar o traballo á imprenta. 

Algún proxecto?

Teño pendentes algunhas presentacións do conto e, vendo o éxito que está a ter, ando cavilando nalgunha idea para un futuro conto. Tamén estou a piques de publicar un disco que gravei coa banda de rock na que toco, que se chama  Susie Q's, polo que presentaremos o álbum nalgúns concertos a partir de outubro.