XORNAL ESCOLAR

Experiencia Flipped Classroom

O Carballiño. 23/02/18. Reportaxe do xornal escolar do Colexio Vila do Arenteiro.
Infantil 4 anos
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Colexio Vila do Arenteiro.

O alumnado de  3º e 4º de ESO segue un método de aprendizaxe innovador que consiste en invertir a orde da clase e axudarse da tecnoloxía

Moi próximo ao centro urbán de Carballiño atópase un dos centros de ensino de referencia de toda a comarca, é o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro, un colexio concertado laico aconfesional que conta con 31 anos de traxectoria e un profesorado estable.

Neste centro de ensino da vila do Arenteiro, a formación integral do seu alumnado e a potenciación da integración do alumnado son dúas máximas en torno ás que xira toda a súa oferta educativa.

Zonas verdes

O CEP Plurilingüe Vila do Arenteiro dispón de grandes áreas de zonas verdes para o esparcemento do alumnado. Alí dispoñen de campos de fútbol e de baloncesto, ademais dun pavillón que está federado e onde se disputan os encontros de baloncesto.

Amplio horario

Conciliar a vida laboral e familiar é outro dos principais obxectivos que se perseguen neste colexio de Carballiño. Ofertan así un amplo horario de atención ao alumnado e contan ademais cunha Escola Infantil, de ámbito privado, o que permite que o seu alumnado teña a oportunidade de ficar no mesmo centro de ensino desde os 0 ata os 16 anos. 

Ademais da Escola Infantil, no colexio contan con outros servizos a cargo da orientadora, logopeda, traballadora social e coidadora, para atender, de mans de profesionais, cada unha das posibles necesidades que se atopan no día a día. 
No tocante aos servizos dispoñen de comedor escolar, con cociña propias, así como transportes, unha ampla oferta de actividades extraescolares, aula de espera matinal e aula de espera pola tarde, o que permite facilitar á perfección a conciliación da vida laboral e familiar.

O Carballiño. 23/02/18. Reportaxe do xornal escolar do Colexio Vila do Arenteiro.3º EsoFoto: Xesús FariñasAtención individualizada

No CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro aposta por unha atención individualizada do seu alumnado e por un clima familiar para que así a formación sexa máis completa no ambiente máis propicio para o aprendizaxe. Os idomas son outro dos factores de gran importancia, xunto á innovación educativa e o deporte.

O profesorado do centro está en contínua formación para así poder dar respostas á sociedade sen descoidar en ningún momento os valores esencias que melloren a aprendizaxe do se alumnado. 

En Educación Infantil e Primaria empréganse distintas ferramentas pedagóxicas como son as intelixencias múltiples e a realidade aumentada, motivando sempre o espertar dos cativos.

En 5º e 6º de Educación Primaria destaca por exemplo a iniciación a unha segunda lingua estranxeira como é o francés como unha actividade complementaria propia.

Os maiores, de 3º e 4º de ESO, seguen a metodoloxía "Flipped classroom", en Matemáticas e en Física e Química, sendo o profesor finalista en distintos certames ao mellor blog de centro educativo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar