XORNAL ESCOLAR

Fomentando hábitos saudables

niños hábitos_result
photo_camera Aulas de educación primaria.

No CEIP Rogelio García Yáñez todo o alumnado fai uso do comedor escolar, eo profesorado participa diariamente na atención do mesmo

Contrariamente á tendencia á baixa nos centros do rural, nos últimos cinco anos o Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás mantense moi preto dos corenta alumnos de tres a doce anos.
 

Cal é a prioridade nos primeiros meses do curso 2015/2016?

Preséntase un curso moi movido, por un lado está o traballo do profesorado no tocante á adaptación á Lomce, con novas programacións, etc. e, por outro, temos unha cantidade de actividades, días sinalados que non queremos deixar de celebrar: día das bibliotecas escolares, samaín, magosto, día da constitución, festival de nadal... nos que estamos xa a traballar.
 

Con que instalacións conta o Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás?

Aparte das aulas de clase, contamos con aula de plástica, aula de inglés, aula de música, aula de psicomotricidade, a biblioteca –que é o referente no centro. A grande maioría das actividades realízanse na biblioteca: actividades de investigación, celebracións de datas de interese, contacontos, etc. Contamos tamén con comedor de xestión directa, cociña propia e con un polideportivo.
 

Cal é o principal obxectivo do comedor escolar?

Pretendemos que o alumnado aprenda a comer de todo, desenvolvendo e fomentando hábitos alimentarios saudables. Para conseguilo intentamos proporcionar menús variados e saudables
 

Con que frecuencia sirven froita e verdura no comedor?

Os alimentos de orixe vexetal están moi presentes nos nosos menús. Fomentamos o consumo de hortalizas, verduras e froitas. Preséntanse tanto cociñadas (sopas, purés, caldos…) como crúas en ensaladas. A froita é a sobremesa de dous-tres días á semana como mínimo.
Como é a experiencia no comedor dende que  colaboran todos os Mestres do centro?
Moi boa. É de agradecer a súa implicación pois fan un labor educativo moi importante, ensinando ó alumnado tanto a comer como a manter uns modais e unha actitude positiva ante os alimentos.
 

O Ceip Rogelio García Yáñez é un colexio moi activo, ven de gañar dous recoñecidos premios, en que concursos participarán os alumnos durante este curso?

A verdade é que superar os resultados do curso pasado nese senso vai ser moi difícil, pero o profesorado xa está programando e vendo que actividades son as máis axeitadas para o noso alumnado. Volveremos participar na creación do xornal escolar e outros concursos que vaian xurdindo.

A festa do Samaín é unha das festas máis coñecidas do colexio, xa estades cos preparativos?

Efectivamente, é unha das máis esperadas polo alumnado. A súa realización supón moito traballo previo para o profesorado, pero compensa o resultado. A exposición de cabazas decoradas supérase cada ano, tódolos nenos e nenas veñen ese día co seu disfrace, todos participan na creación do que toque cada ano: conxuros, receitas, contos de medo, etc. É, ademais, un día de convivencia co alumnado e profesores do CEIP San Marcos de Cartelle. Pero o que realmente gusta e fai tremer de medo a todos é o túnel do terror.

Unha biblioteca moi dinámica, que actividades se levarán a cabo na biblioteca do Rato?

Este curso o proxecto da biblioteca xira en torno á arte, sobre todo a pintura. Para empezar, na segunda semana de outubro, o pintor Álvaro Negro virá ó noso centro para realizar co alumnado un taller de pintura. Logo  imos celebrar o día das bibliotecas escolares cun contacontos , Luis Vallecillo. Pero desde o comezo do curso o alumnado xa está a usar a biblioteca: para préstamo de libros de lecturas, para uso dos ordenadores (tanto cos titores para traballos de clase, como por libre )… 
Hai que dicir que a biblioteca é o lugar máis visitado e máis “querido” polos alumnos/as.

20150918_101240_result

Encarna Villanueva Presas, directora

Exerce por quinto ano, como directora e imparte as materias da Lingua castelá en 3º, 4º, 5º e 6º e Ciencias Sociais e Naturais en 3º e 4º de Educación Primaria. Leva neste centro educativo dende o ano 2000.

20150922_125450_result

Clara Domínguez Pérez, Mestra Educación Infantil

Clara é a titora da aula de Educación Infantil, alumnos de tres, catro e cinco anos e tamén é a encargada do comedor escolar.

20150922_111816_result

Cristina Fernández Borrajo, Mestra de Inglés

Cristina é a responsable da biblioteca escolar e titora de 3º e 4º. É a profesora de lingua galega en 3º,4º, 5º e 6º de Primaria.

20150922_111733_result

José Manuel Varela Vila, mestre de Educación Física

José Manuel é o profesor de Educación Física, titor de 5º e 6º de Primaria, tamén é responsable das TICs no Ceip de Ramirás.

20150922_111831_result

Olalla Ferreira Cao, Mestra de Educación Musical

Olalla é a titora de 1º e 2º de Primaria, a profesora de Ed. Musical e a coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega.

20150925_113348_result

Iris Murciego Samprimitivo, Mestra de Pedagoxía Terapéutica

Iris é a mestra de PT con perfil de audición e linguaxe. Os mércores e venres é mestra en Ramirás e os demáis días no seu centro base o CEIP de Toén.

alicia_result

Alicia Lage Augusto, Cociñeira

Alicia é a cociñeira do centro. Encárgase de elaborar saudables e variados menús para todos os comensales, usuarios do comedor escolar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?