Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
COLE A COLE
Na comarca de O Ribeiro, no Concello de Melón, está o CEIP de Quins, un centro de ensino de Educación Infantil e Primaria que se podría definir brevemente como “pequeno pero moi activo”, comenta César Grande, o director deste colexio do rural no que dispoñen de novas instalacións, bo material e onde se prioriza o aforro enerxético. Todos os que conforman a comunidade educativa, isto é profesores, escolares e familias, traballan arreo para que a oferta educativa e lúdica do centro sexa o máis completa posible cada curso. Moitos proxectos, de temáticas moi diversas, ocupan cada ano boa parte do día a día dos escolares no colexio. Son beneficiosos desde o momento que poden aprender facendo e experimentando xa que é como mellor se aprende.
Entre as propostas máis salientables de cara a este curso destaca a actividade de Prensa na Escola, Lectura, Deporte Escolar, Reciclaxe de Papel ou Coidado do entorno do centro. Ben é certo que a medida que avanza o curso se incorporan interesantes actividades que contribúen á formación integral do alumnado.
No tocante á actividade de reciclaxe, céntrase no papel. Dispoñen na entrada do centro dun contenedor azul onde cada semana se encarga un neno ou nena de levar o papel sobrante das aulas para poder darlle unha nova vida. Tamén no zona exterior do centro está o xardín, que todos os escolares coidan con mimo cada curso. Xa levan tempo involucrados neste proxecto e nel contan con rego automático, plantación de arbustos, xardineiras e plantas medicinais e aromáticas.
Os escolares de Educación Primaria están entusiasmados co Deporte Escolar. Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia na que o centro participa nas actividades deportivas de baloncesto, fútbol sala, voleibol, fútbol galaico, campo a través, atletismo e badminton. Enfrontanse unha vez ao mes a escolares doutros centros de ensino da zona de O Ribeiro e no mes de maio comparten todos unha gran competición final.
A Biblioteca é outro dos espazos destacados do colexio xa que no CEIP de Quins están inmersos no Plan Lector e todos os días os escolares participan na denominada “Hora de Ler”, 20 minutos adicados á lectura. Tamén traballan coa prensa en papel e a dixital e así adquiren o hábito da lectura, practican a comprensión, a expresión e a redacción. Polo Día do Libro, cada ano organizan o “Mercadillo do Libro”, onde os escolares poden mercar libros seleccionados a precios que oscilan entre os 10 ctms e os 50 ctmos. O recadado serve para mercar un novo libro para o colexio. Tamén desde a biblioteca, espazo fermoso e renovado, traballan temas de actualidade como a violencia de xénero ou a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Ademais dos numerosos proxectos e actividades que organizan no CEIP de Quins nunca faltan as celebracións como o Magosto, o Nadal, o Entroido e datas salientables do calendario onde escolares, profesores e familias comparten tempo de lecer e aprendizaxe.
Desde este centro de ensino de Melón, están moi agradecidos co Concello, a Xunta e con toda a comunidade educativa que se implican e colaboran para que os nenos e nenas deste colexio reciban desde idades temperás unha formación integral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REDUCCIÓN DE COSTES
La tabacalera Imperial Brands prepara miles de despidos en EEUU y Europa
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Esperanza de vida dos lexionarios romanos en Hispania