Julián Pardinas Sanz
Esa gran amalgama que es España
Como lembraba esoutro día Afonso Vázquez Monxardín nun artigo sobre a Gastronocracia galega, a maioría dos actos importantes neste país, políticos ou culturais, fixéronse arredor dunha mesa con viandas. Velaí un bo exemplo: o banquete que lle dan os galeguistas ourensáns a Emilia Docet, Miss España, o 16 de xuño de 1933 no Hotel Miño, no mesmo acto no que o poeta Manuel Luís Acuña recibía o premio literario Manuel Murguía.
Rexistramos os presentes, de esquerda a dereita e de atrás cara adiante: Vicente Risco; o propietario da reloxería ourensá El Cro nómetro; Ramiro Illa Couto; Leuter González Salgado; Ánxeles Otero (a Zoqueira, esposa de Adolfo Otero, o dono dos Almacenes Populares); Álvaro Cunqueiro; Emilia Docet; Manuel Luís Acuña; Ramón Otero Pedrayo; María Luz Morales; Ricardo Fernández Morais; María Xosefa Bustamante Muñoz (Fita, esposa de Otero Pedrayo); Eduardo Blanco Amor; Xoán Luis Ramos Colemán; Miguel Valencia Fernández; J. Villagarcía; Roberto Vázquez Monxardín; Elina Carballo; Esther Peña Bouzas; Alfonso Vázquez Monxardín; Manuel Peña Rei; Emilia Blanco Maneiro; Xosé Goyanes e Daniel Piñeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 26 de mayo
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura