Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El banquito de piedra que aún queda en el jardín
Achegarse a Ourense, para entrar nas salas das exposicións, públicas e privadas, é un costume xeralmente descoñecido. Abertas na trama urbana, amosan a creatividade nas artes plásticas, escultura e pintura, xeralmente. Elas son un barómetro da temperatura cultural da cidade e o higrómetro desa humidade que é a vida desta terra de augas quentes. Os pasos das xentes se encamiñan para mercar, ou van cara bares e cafetarías. Mudemos o estereotipo dende a emulación. E se en vez de vermos aos primeiras espadas da política entrar o día da inauguración nas salas institucionais, vémolos en parella ou en familia? E se nelas está outro día o bispo, un xefe da Garda Civil, o subdelegado do Goberno ou o director de La Región? Que dende a imitación..., e de seguro que uns e outros desfrutarán das salas e o seu contido. É gratis, e sempre un plus de cultura ademais do que supón ver e falar cos artistas. Que a arte ofrece alternativas só a aqueles que non están prisioneiros dos mass media deixou dito o gran Umberto Eco. Entrar co afán de desfrutar aprendendo, olladas para ver e vermos, admirar e mirarmos nunha acción comunitaria dos persoeiros de representación política, relixiosa, militar, extensible a fundacións e asociacións. Máis tamén de que por veces entre unha profesora ou mestre, cos seus alumni iuniores de colexio ou os seniores da terceira idade.
O ELENCO ACTUAL DAS SALAS DE ARTE DA CIDADE
Comezar hai pola do "Tempo dos Suevos" (In tempore Sueborum), singular e excepcional, instalada simultaneamente na sala 1 do Marcos Valcárcel (MV), igrexa de santa María Nai e na sala 3 do Museo Municipal. Trata da nosa orixe diferenciada como galegos, logo de Roma. Luís Estévez, escultor, e o pintor Lazcano na Galería Visol, Fernando Casás na sala Alterarte do Campus da Universidade, e no exterior do seu edificio de ferro Mar de Redes, co traballo das mulleres nos peiraos e os homes na mar; Javier Viver na Marisa Marimón, e na sala de El Cercano o escultor Xaime Fuentes. Na sala 1 do Municipal o gran Laxeiro e os primeiros debuxos; na sala J.A.Valente, obras de escultura de Xosé Cid, un dos referentes locales máis destacado; e tamén na Rúa do Paseo, Tamara Wassaf, artista arxentina que desenvolve no Espazo de Arte que ten a tenda de moda de Roberto Verino unha fermosa e acaída mostra na que mestura fotos e telas con unha vizosa e teatral posta en escena. No Liceo está Basalo coas súas alumnas da academia de arte, a cuxa inauguración acudimos, que J. Noguerol, gran escritor e periodista, presentábaa… Na sala Afundación, Praza Maior, están as obras do gran Quessada, dos anos sesenta e setenta. E, con algo de morbo, Ángel Pantoja, unha exposición de bustos clásicos, icona dun sentir na sala 2; e "Rojo Sache", a parella Rosa Isabel Vázquez, de Madrid, e Jº Antonio Fernández, de Murcia, que traen á sala 0, ámbalas dúas do MV, fermosas fotos que falan de asasinatos e crimes, coa paisaxe omnipresente. E se rematan, outras virán...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El banquito de piedra que aún queda en el jardín
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ciudad desde arriba
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Valle-Inclán en la “Atenas de Galicia”
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Todos los ojos puestos en Netanyahu
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 18 de junio
VISITA DE LEÓN XIV
El papa destaca la unidad de la gente en su viaje a España