Xogar con lume e caseiros sensibles

O AFIADOR

Publicado: 25 sep 2026 - 06:10
La Región

A política está asentada na bronca permanente, con discursos incendiarios que tratan de que permeen na conciencia dos seus a xenreira sobre os rivais. Non queda, parece, un raio de esperanza, miremos cerca ou lonxe, cara arriba ou cara abaixo. A torre de Babel afiánzase cada vez máis, institucionalizando o empeño en non entederse, baixo ningún concepto nin razonamento, con quenes non son como nós ou pensan distinto; a polarización instiga a ser do Madrid ou do Barça, de esquerdas ou de dereitas, de verán ou de inverno. Nese reducionismo, os insultos substitúen aos razonamentos e os sofismas á coherencia, todo elo cun ruido ensordecedor que impide extraer conclusión algunha.

Calquera raio de esperanza queda tapado polas nubes do pesimismo persistente. Como ser optimistas cando case dous meses despois da invasión pacífica sobre Ceuta non saibamos que pasou nin cando se resolverá a grave alteración da vida dos ceutíes. Como en escenarios máis graves para a vida das persoas se teñen levado a cabo exitosas operacións levantando pontes, abrindo vías de comunicación ou rescatar/evacuar a miles de persoas? Como non se movilizaron unidades especializadas en emerxencia máxima (tipo UME), para aportar a sua certificada solvencia para habilitar espazos? Como un país con 50 millóns de habitantes non é capaz de repartir a un milleiro de rapaces polo seu territorio?

Precísase levar gas pementa ao Parlamento para apuntalar a afirmación de que moitas ceutíes o levan consigo por medo a ser agredidas?

Precísase levar gas pementa ao Parlamento para apuntalar a afirmación de que moitas ceutíes o levan consigo por medo a ser agredidas? Non hai mellor estratexia para criticar a inutilidade e o papelón do ministro Marlaska? Esperemos que quenes teñan necesidade de usar tal instrumento como medio de defensa dominen mellor o seu funcionamento que quenes o manipularon no Congreso. Si é certa a afirmación da deputada Ana Belén Vázquez -concedamos que sí- sobre a posesión destes dispositivos por parte de escolares, son conscentes os pais do que lle meten na man? Todo o que pode facer dano (intencionadamente ou por falta de pericia) é ser susceptible de ser peligroso para quen o porta ou o lle acompaña, como ben se viu o pasado mércores nun esceario de adultos, alleo á tensión propia da defensa persoal en caso de agresión.

E no medio dese campo impracticable que acolle o discurso político común de entonación prebélica con intervencións cada vez máis histrionizadas, nadie caeu na conta -ou sí, pero como si nada- de que esta sociedade tan avanzada puxo na rua a Maricarmen Abascal, desahuciada da casa na que residiu 70 dos seus 87 anos, pagando relixiosamente o aluguer. A propietaria do predio, Urbagestión, ofrecíalle seguir pero actualizando a cota a máis do doble do que cobra de pensión. Todo un xesto de sensibilidade.

Contenido patrocinado

stats