Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Entra que cenas
Os mergullos no verán son o verán, porque este é un estado mental: velaquí a esencia da felicidade para tantos no tempo de vacacións. Tamara Feijoo Cid, a xoven artista plástica ourensá, tenta atrapar dende o seu proceder plástico este concepto fuxidío, tan ricaz e por veces obsesivo. Dende pouco antes desta segunda estación do ano, inaugurou na Marisa Marimón Galería de Arte que, co intermezzo de agosto pechada, volta á actividade para contemplar esta exposición chea de calma, dende a reflexiva sensibilidade da autora. Son ‘La imagen fantasma’ a penas unhas obras nas que o devalar dos ‘mundos sutiles /ingrávidos y gentiles’, que Machado apuntara, reflicten unha aposta polo sosego, dende un aquel que ten algo de filosófico e moito de toma de postura vital. Coida coa atención debida os papeis, materiais que nas súas mans semellan paleta de cores, e fai dende as transparencias por superposicións, os volumes. Todo elo, no fondo, coido que expresa moitas cousas de si mesma. Así tamén dende o lapis de grafito, e o gouache, medios técnicos. Cartografía e silencio co papel Fabriano Rosaspina. E, desta volta, láminas de madeira, nas que aplicar esmalte, e o procedemento do gofrado. Consegue así que aparezan os rastros como pisadas de xilófagos, esas pequenas pegadas da vida na escala trófica, que son a penas uns ronseis. Mais as marcas poden ter algo persoal, pois toda cicatriz agacha feridas.
Hai tamén na mostra obras de ‘Geometrías imprecisas’, I, II, e III, de 2016; e varios Nocturnos de 2015, traballos que nos achegan ás súas actividades como ilustradora e deseñadora gráfica. Neste campo destaca a capa de ‘O último día de Terranova’ publicada por Xerais, Premio da Crítica 2015, agora en castelán en Alfaguara. E a piques de presentarse está ‘Auga a través’, un poemario de Dores Tembrás, na que a capa é un dos seus gofrados do tempo, que comentamos. Deles dixo:‘me centro en los rastros que permanecen, esa persistencia de la imagen en la retina, la huella ilusoria que permanece, es la imagen fantasma". Eis a lembranza do xa foi, pois malia que nos pese, vivimos sempre no agora, e o tempo non dura máis que cando o inventamos. E así dende esta sensación é como xurde a beleza.
Con anterioridade, na súa traxectoria, e sempre dende o seu debuxo preciosista e detallado, foron ‘Acciones para perdurar un instante’, e sobre todo as ‘Naturalezas invasoras’, ca. 2011-2013, que se exhibiu no Museo de Arte Contemporáneo GasNatural/Fenosa. Mais eran os seres humanos, e as cores nos rostros, frores e ramas coas súas follas, que se comportaban como apéndices deles. Foi un centrarse no protagonismo da natureza, consecuencia directa da beca de creación en Berlín, tempos de esixirse, e probarse, logo da licenciatura na Uvigo/Pontevedra. Dende as cores, os tonos e sombreados acadaba o volume e corporeidade. Era o medrar sen control, o crecemento natural, non sen tempo, de novo. Un outro camiño por facer é o do ‘jardin clos’, tamén chamado ‘hortus conclusus’, o xardín das delicias. Interesaralle?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Entra que cenas
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Viendo urgencias en Urgencias
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
Para intentar una mente serena en este mundo de locos
Santiago Leyes Vence
TU FARMACÉUTICO INFORMA
El valor del consejo en la farmacia
Lo último