A Gudiña aposta pola recuperación do seu “Entrudio”
FIESTAS LOCALES
O proceso de recuperación do “Entrudio” de A Gudiña comezou en 2023, impulsado por Os Torgueiros, e foi medrando ano a ano con novos colectivos
A Gudiña presenta unha ampla programación para levar a cabo a celebración do seu “Entrudio”, que se estenderá dende o domingo 25 de xaneiro ata o martes 17 de febreiro.
Obradoiros de compadres e comadres, fulións, desfile de carrozas e comparsas, música, encontros e a simbólica queima do Entrudio volverán encher as rúas da Gudiña, Carracedo, O Tameirón, O Canizo e Pentes. A tradicional fariñada desenvolverase arredor dun espazo concreto do percorrido, favorecendo a convivencia e o bo desenvolvemento da xornada.
O día máis destacado será o sábado 14 de febreiro. Un desfile de carrozas, comparsas e fulións percorrerá as rúas dende os Xardíns do Beato ata as instalacións da antiga estación. Durante o percorrido contarán coa animación da charanga Fuego Street Band. Pola súa banda, a Discomóbil Esmorga encargarase de animar a festa, a fariñada posterior e a queima do Entrudio.
Recuperación
Esta festa de inverno continúa así consolidándose neste municipio como un encontro comunitario que vén de recuperarse tras máis de dúas décadas “en branco”.
“O proceso comezou en 2023, impulsado pola AC Os Torgueiros, e foi medrando ano a ano coa incorporación do resto de colectivos e asociacións do concello, ata converterse nun evento compartido e feito entre todas e todos”, apuntan dende a organización da festa.
Nesta edición participan activamente Os Torgueiros, a Comisión de Festas O Carballal, Mulleres Rurais Xestas e Toxos, o Fulión do Tameirón, o Fulión de Carracedo, a AVV A Pingarela do Canizo, a AC O Tarabustio de Pentes e o Concello da Gudiña, nun exemplo de colaboración cultural e veciñal. Animan a tódolos veciños a formar parte das diferentes iniciativas e gozar desta tradición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia