O PP pide ao Goberno que repoña os trens da Gudiña

PORTA DE GALICIA

Representantes do PP aseguran que os veciños da Gudiña “non poden ser perdedores”

Representantes institucionais locais, provinciais e autonómicos do PP, onte na estación do AVE da Gudiña
Representantes institucionais locais, provinciais e autonómicos do PP, onte na estación do AVE da Gudiña

Deputados provinciais, alcaldes e voceiros do PP das comarcas afectadas protagonizaron onte ás portas da estación do AVE na Gudiña un acto no que o voceiro go Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou que o Goberno “rectifique a súa decisión de eliminar frecuencias e horarios das paradas do AVE na estación Porta de Galicia”, de xeito que “volva ser unha estación de portas abertas e os veciños destas comarcas gocen dos servizos de transporte que se merecen”.

Pazos considerou “inxusta” a decisión adoptada polo Goberno. “Non estamos dispostos a que os cidadáns da comarca se vexan como perdedores dunha decisión tomada nun despacho en Madrid sen ter en conta as necesidades reais das persoas que viven aquí”, apuntou. Os deputados populares mantiveron un encontro con representantes da Plataforma Dereito ao Tren, con quen analizaron a situación actual e escoitaron as súas propostas.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, avogou por “frear este atropelo á provincia de Ourense, que loita por asentar a súa poboación no rural”. O deputado de Verín, Víctor Baladrón, lembrou que máis de 52.000 usuarios pasaron pola estación da Gudiña o pasado ano, polo que lamentou que “tiñamos unha estación viva e pasou a ser unha estación morta”.

ÉXITO DA CURTAMETRAXE

A curtametraxe da plataforma Dereito ao Tren, “Estannos matando en vida”, dirixida polo actor e cineasta Rubén Riós e estreada o luns, chegou en dous días ao millón de reproducións. Está protagonizada por Benedicta Sánchez, gañadora do Goya a mellor actriz revelación por “O que arde”, de Oliver Laxe, e máis de 300 persoas entre profesionais do sector audiovisual e veciños da comarca e contorna.

Contenido patrocinado

stats