Actuacións circenses, música e atraccións no Nadal de Xinzo
Preto de 30 actividades compoñeno programa que foi presentado este venres no Concello limiao
Xinzo terá este Nadal unha completa programación festiva con actividades variadas e pensadas para todos os públicos, especialmente, para os máis cativos. “A ilusión polo noso” será o lema dun ano no que se desenvolverán preto dunha trintena de iniciativas musicais, espectáculos, e concertos. Ademais, da man de Prolimia e dos traballadores da Praza de Abastos, haberá sorteos e agasallos para premiar a fidelidade dos clientes do comercio local.
No ámbito da decoración, regresará ao centro da vila -á Praza Maior- o tren do filme Polar Express, as casiñas de Nadal decorarán o casco histórico e o resto das rúas e, neste senso, dende o Concello avanzaron máis sorpresas que se desvelarán ao longo das semanas para manter a ilusión e a maxia.
TRES BLOQUES
A programación do Nadal limiao presentouse no Salón de Plenos de man da rexedora, Elvira Lama, e dos concelleiros de Cultura e de Promoción económica -Ramiro Rodríguez e Manuel Pérez Campos, respectivamente-. Dividirase en tres bloques diferentes: Música e baile, artes escénicas e maxia, e atraccións para os máis cativos -instalaranse na Praza Carlos Casares dende o día 22 de decembro-.
As actividades comezarán o vindeiro 10 de decembro, coa presentación dunha nova agrupación xurdida no seo da Banda de Gaitas de Xinzo. O día 17 será a quenda da Fanfarría Achicoria e da Gala de Nadal da Escola de Baile Danzón. Os días 21 e 22 de decembro serán os músicos do Conservatorio Municipal os que ofrezan actuacións especiais.
O 23 de decembro, un día antes da Noiteboa, o Apalpador visitará aos cativos de Xinzo. Tamén ese día haberá unha mostra de Nadal a cargo da Escola Fusión Fitness e un Concerto de Nadal da Banda de Gaitas. O 24 de decembro Papá Noel recollerá o testigo do Apalpador.
Despois de celebrar o Nadal, o día 26 de decembro haberá unha chocolatada cortesía de Prolimia e a actuación circense de Marta Bravo e Sergio Tannus. Tamén haberá unha actuación de “clown” e unha actuación circense os días 27 e 28 de decembro. Broken Peach estarán en Xinzo o 29 de decembro, día no que tamén se celebrará a gala do deporte local. Nestas xornadas tamén estará instalado no Toural o globo aerostático de Prolimia.
Dende o 30 de decembro, día no que terá lugar a gala da Escola Musical da Limia, ata o 3 de xaneiro, haberá contacontos e actuacións de “clown” e, da man dos mozos de Xinzo, haberá unha iniciativa de arte urbano con Xplicit Prods. Xacobe Martínez Antelo Trío actuará o día 2 de xaneiro.
A Cabalgata de Reis de Xinzo será o 5 de xaneiro e antes haberá unha recepción ás súas Maxestades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HACÍAN DE INTERMEDIARIOS
Seis meses de cárcel por recibir en la cuenta dinero fraudulento en Ourense
IMPACTO AMBIENTAL
El BNG lleva la mina de A Gudiña a las Cortes