GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
O Bloque Nacionalista Galego de Trasmiras vén de rexistrar unha nova moción mediante a cal solicitará no vindeiro pleno que se celebre no municipio, que se tomen medidas viais, peonís e de acondicionamento das marquesiñas do núcleo de Abavides, a altura da estrada Nacional 525, tal e como adiantou a voceira do grupo, María do Mar Alonso. "Nesta aldea hai moitos nenos e nenas que van ao colexio e non teñen nin un paso de peóns para poder cruzar a estrada", manifestou a concelleira, quen tamén se queixou do "destrozada" que se atopa a marquesiña onde paran os cativos.
En Abavides, ás mañás e ás tardes, o autobús escolar recolle en dúas paradas aos nenos e nenas para ir ao colexio. Unha delas está á entrada da aldea e a outra á saída, fronte ao Bar José. Nelas, sinalaron os nacionalistas, ao non haber paso de peóns "cruzar é expoñerse a un gran perigo por mor de ser ésta unha estrada moi transitada".
Para este grupo da oposición en Trasmiras esta situación supón un risco "constante" para todos os peóns que cruzan dita estrada, non so para os escolares. Neste senso, subliñaron que localidades como Trasmiras ou Viladerrei si posúen, ao seu paso pola nacional, as sinalizacións oportunas.
Por último, solicitaron que se tomen medidas para acondicionar a marquesiña que se atopa nas inmediacións do bar, pois está "nun estado de absoluto abandono, sen cristais ou con eles rotos, chea de maleza e inservible para resgardarse do frío e da choiva", din os nacionalistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
SUBIDA VERTIGINOSA
La subida del coste del gasoil pone a la comarca de A Limia en jaque
Lo último
NUEVO PLAN LINGÜÍSTICO
PP y PSdeG sacan adelante el nuevo Plan de Normalización Lingüística con el rechazo del BNG
RECOLOCACIÓN EN EL MOTOR
2,7 millones para ayudar a 400 trabajadores del motor despedidos en Galicia a encontrar empleo