NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Museo da Limia, no concello de Vilar de Santos, acolleu onte o acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar a Valeria Gutiérrez Caneda, pola obra “Tanto camiñei, camiñei tanto”. O certame, promovido polo Padroado do Museo da Limia co patrocinio do Grupo Tesal (Termas de Monçao), pretende ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán.
No acto, que incluíu un recital de poemas de Antón Tovar representado polos nenos do colexio Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, e musica da man de Anxo Rei. Asemade, deuse lectura a declaración institucional adoptada hai uns días polo Padroado do Museo da Limia reiterando a Real Academia Galega a petición de que se lle adique a Antón Tovar, do que hoxe conmemórase o 20 aniversario do seu pasamento, o Día das Letras de 2025. “É de xustiza que Antón Tovar obteña o recoñecemento do Día das Letras Galegas”, dixo Delfín Caseiro, presidente do padroado, subliñando que o acordo xa se remitiu a Real Academia Galega. Hai un ano, unha representación do padroado fixo entrega na Real Academia Galega dun expediente completo dos textos e artigos de Tovar, así como de 350 sinaturas de personalidades, representantes institucionais e de asociacións apoiando o recoñecemento. “Daquelas non se acadou, a ver se pode ser para o ano que vén, no 21 aniversario”, dixo Caseiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira