O Concello de Os Blancos tendrá su centro de maiores
COBERTURA DE SERVICIOS BÁSICOS
A Deputación tamén se fará cargo da ordenación e xestión, coas facultades de imposición e ordenación de taxas
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira, Laza, Piñor, Trasmiras, Xunqueira de Ambía e Os Blancos. O Goberno galego achegará un investimento de 8.344.765,39, nestas dúas anualidades.
Aprobouse tamén a solicitude á Xunta para asumir os servizos obrigatorios de Os Blancos. Trátase dunha nova prórroga, ata marzo de 2026, para prestar os servizos que vén asumindo a Deputación logo da grave situación de risco financeiro na que se atopaba o concello en 2017.
No cofinanciamento destas residencias tamén participan tres dos sete concellos: A Teixeira e Trasmiras achegarán 336.944,26 euros, respectivamente, mentres que Piñor aportará 1.000 euros.
A modificación das bases de execución corresponden ao cambio de obxecto das subvencións. Este apartado afecta por unha banda aos concellos de Lobeira e Muíños, ademais das seguintes entidades: Proxecto Home Galicia; Asociación Club Recreativo As Burgas e Reserva da Biosfera de Allariz.
A aprobación dunha solicitude á Xunta de Galicia para asumir, por parte da Deputación, a prestación de servizos mínimos obrigatorios municipais do Concello de Os Blancos, supoñe unha nova prórroga, desta volta ata marzo de 2026, para prestar os servizos mínimos que vén asumindo a Deputación logo da grave situación de risco financeiro na que se atopaba o concello en 2017.
Servizos
Os servizos dos que se fai cargo a institución provincial son abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento, pavimentación de vías públicas e acceso a núcleos de poboación e iluminación pública. A Deputación tamén se fará cargo da ordenación e xestión dos ditos servizos, incluídas as facultades de imposición e ordenación de taxas polos servizos, no caso de que estas procedan.
A Deputación poderá propoñer a prórroga sucesiva da asunción dos servizos para períodos de dous anos durante a vixencia do plan de axuste do Concello dos Blancos, no caso de que subsistan as causas que a motivaron e non existan alternativas para garantir a prestación dos servizos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de junio?