Eladio Jardón: “Eu Atopeime con xente no mundo e sempre lle decía con orgullo que nacín sendo de Baltar”
Entrevista a Eladio Jardón, comunicador e consultor político
Eladio Jardón, natural do Concello de Baltar, foi nomeado como un dos 100 profesionais da consultoría en comunicación política máis influentes do ano 2023 polo “The Washington Academy of Political Arts & Sciences”.
Como comezou a súa vocación na política?
A min sempre me gustou a política, para transformar os territorios. Cando rematei a carreira na Coruña, había un máster de xestión de políticas públicas. Comezamos a estudar a dirección pública e analizar os diferentes procesos do mundo. Eu aprendín moito de José Antonio Feijoo (alcalde de Baltar), un verdadeiro mestre da política da vella escola. Temos moito que aprender desta xente. Fixen en Salamanca o Máster de Asesoramiento de Imagen y Consultoría Política. Este máster tiña unhas becas académicas que che permitían ir unha semana a Lisboa, outra a Bruselas, Washington, Miami e Arxentina. Alí aprendín como son as campañas electorais no mundo. Rematei estudando na George Washington, a cuna da política no mundo.
Que sinte cando volta a casa despois de viaxar por todo o mundo?
É un tema emocional, a min axudoume moitísimo ser de Baltar. Atopeime con xente no mundo e sempre lle decía que eu son de Baltar. Eu nacín sendo de Baltar e vou ser sempre de Baltar.
Que diferenzas hai na comunicación política en Europa con América?
A maior diferenza que temos agora é que en España estase comezando a meter o tema da comunicación política. En México hai eleccións de candidatos que son oficiais, en España non. Cando ti como cidadán queres ser candidato a gobernar, tes que pasar por unhas eleccións internas, xogando co teu diñeiro e o teu tempo. En España calquera político vai nunha lista pechada, o partido xa fai a campaña por ti.
Cal é o problema da política hoxe en día, con todo o que está a acontecer no mundo. Que políticos necesitamos?
Eu creo que o que necesitamos son políticos que sintan coma nós. Que escoiten, que teñan a humildade de escoitar os problemas da xente. A gran maioría dos gobernos caeron coa xestión da pandemia, porque cada vez a política está máis lonxe dos cidadáns. Os políticos non conectan oca cidadanía, falta humanidade e liderado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último