Loita Pediátrica da Limia sinala unha situación “alarmante” este verán
REIVINDICACIÓN
Dende a plataforma sinalan que “o verán vaise cubrir con profesionais non pediatras, con non máis de dúas horas e media por cupo”, malia o “aumento da poboación infantil en xullo e agosto”
A plataforma Loita Pediátrica da Limia anunciou que o pasado martes, 2 de xullo, representantes da mesma mantiveron unha reunión co xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, José Santiago Camba Bouzas.
Os pais e nais amosaron a súa “sorpresa” ao descubrir que Camba non dispoñía da información actualizada sobre a situación laboral dos dous titulares da praza de pediatría do centro de saúde de Xinzo de Limia.
A plataforma sinala aos representantes do concello limiao, alcalde, tenente de alcalde e concelleira de Asuntos Sociais e Sanidade, “por non ter expresado ao xerente e ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, a alarmante situación á que nos vemos abocados”.
Verán sen pediatras
Perante esta situación, os membros de Loita Pediátrica da Limia ven a comarca “abocada a non volver a ter as dúas prazas cubertas por pediatras, cando hai 1.700 nenos e nenas”.
Dende a Consellería de Sanidade apuntan que “no caso da atención pediátrica na comarca de A Limia a atención está totalmente garantida durante este mes de xullo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
16 AUTONOMÍAS EN ALERTA
Este 23 de junio podrá ser el más caluroso de la historia de España
RECHAZA RESPONDER PREGUNTAS
Sánchez afirma que seguirá pese a "las piedras en el camino" tras la condena a Ábalos