PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
A Plataforma Loita Pediátrica da Limia convocou para as 12,00 de hoxe unha manifestación para esixir unha mellora no servizo de Pediatría, con saída no Centro de Saúde de Xinzo de Limia e percorrendo a rúa Ladeira, avenida Dous de Maio, avenida de Madrid e rematará coa lectura dun comunicado na Praza Maior.
Os organizadores adiantan que se prevé unha alta participación debido ós vídeos de apoio que están a recibir nas redes sociais da Plataforma Loita Pediátrica da Limia, nos perfís de Instagram e Facebook. Este acto de protesta prodúcese pola situación que se atopa o servicio de Pediatría no Centro de Saúde de Xinzo de Limia, referente sanitario na vila e na comarca. O servizo atende na actualidade, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, a máis de 1.700 nenos.
A Plataforma advirte que esta situación comezou no ano 2015, cando a dotación perdeu a unha das dúas enfermeiras. A situación das matronas tampouco é boa, segundo a plataforma, debido a que no centro acoden dúas especialistas que comparten tarefas nas áreas sanitarias de Terras de Celanova e Monterrei-Verín. Unha delas acode únicamente dous días á semana e a outra un único día. A maiores, as dúas prazas de pediatra están sen cubrir. Neste momento, un médico de familia está atendendo os nenos da comarca, con horario de 9,00 horas a 13,00 horas, e unha médica puericultora que acode tres horas cada tres días á semana.
A suma total é de 29 horas semanais de médicos non pediatras fronte as 70 horas de médicos pediatras que deberían ser, segundo a plataforma, que reclama dous médicos pediatras a tempo completo, dende as 8,00 horas ata as 15,00 horas de luns a venres.
Por outra banda, os representantes do Partido Popular na comarca da Limia comunicaron que non van acudir a manifestación debido a que “desde o primeiro momento apoiamos as reclamacións da plataforma, mesmo tamén expresando o acordo coa creación dunha comisión negociadora integrada por membros do citado colectivo e alcaldes da comarca, co fin de manter una reunión coa Consellería de Sanidade, que se vai a celebrar o próximo día 9 de xaneiro en Santiago”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último
NEGOCIOS "INCOMPATIBLES"
El fiscal se alinea con el juez y reclama abrir juicio a Jácome
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La plaza de la biblioteca, un urbanismo de posibilidad
DERROTA ANTE EL CELTA FORTUNA
El Ourense CF fulmina a Llácer a la desesperada