GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
O Concello de Porqueira, da man da Xunta de Galicia, vén de aprobar -inicialmente- o seu Plan Básico Municipal, paso previo ao instrumento de ordenación. Así llo comunicou a titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez.
Esta ferramenta permite actualmente que os concellos de menos de 5.000 habitantes e sen planeamento poidan desenvolver certa actividade urbanística, pero sen establecer criterios de crecemento urbano. Nestes momentos, o Concello de Porqueira é un dos oito que, en toda Galicia, traballan na consecución de dita ferramenta e o sétimo deste grupo que acada a aprobación inicial por parte da Administración Autonómica.
O plan aprobado inicialmente delimita 31 núcleos rurais ‑19 deles tradicionais, 11 que combinan partes tradicionais e comúns e un común de tipo polinuclear‑ que abranguen os 30 asentamentos de poboación identificados xa en Porqueira polo Plan básico autonómico. Entre as principais novidades que implica a ordenación incluída no novo documento cómpre subliñar que se delimita individualmente o núcleo de Faramontaos-Pedrosa por ter unha estrutura recoñecible e diversa.
Así mesmo, o documento recolle as dotacións existentes no termo municipal e, ademais, identifica os elementos do patrimonio cultural e natural de Porqueira. Concretamente, cataloga un total de 13 elementos arqueolóxicos, 47 de tipo arquitectónico, 97 etnográficos, catro naturais e un Ben de Interese Cultural: a Torre da Forxa. Destes 162 elementos identificados, cómpre subliñar que a gran maioría -concretamente 124- foron incorporados ao longo do proceso de elaboración do propio PBM, froito dun exhaustivo traballo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
SUBIDA VERTIGINOSA
La subida del coste del gasoil pone a la comarca de A Limia en jaque
Lo último