Porqueira estudia a posta en marcha de unha parcelaria
A alcaldesa Susana Vázquez reuniuse con José González, conselleiro de Medio Rural, para impulsar melloras
A Xunta de Galicia afianza o seu compromiso co Concello de Porqueira en materia de recuperación e posta en valor do territorio. Así o confirmou José González, conselleiro de Medio Rural, nunha reunión que mantivo con Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira. Á cita tamén acudiron Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense, e Francisco Paz, subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias.
Na xuntanza abordáronse temas de interese para impulsar o rural do municipio, especialmente no que atinxe á posta en valor do territorio a través de instrumentos que facilita a Consellería de Medio Rural. Concretamente, valorouse a posibilidade de levar a cabo unha nova concentración parcelaria nos lugares de Paradela de Abeleda e Lobios. Tamén se puxo sobre a mesa a necesidade da mellora das diferentes infraestruturas rurais.
Dende a Administración galega recordaron que o Concello xa conta cunha parcelaria -a de Porqueira II- que mobilizou 712 hectáreas de terreo divididas en 2.053 parcelas -anteriormente eran 9.045- e propiedade de 796 titulares, nas que está prevista a entrega de títulos no 2024.
Nesta liña, dende Medio Rural explican que “as concentracións parcelarias son unha ferramenta para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)