Premios de 100 euros para as casas máis fermosas de Xinzo
O obxectivo desta iniciativa pasa por afianzar a colaboración entre a cidadanía e o Concello para coidar e mimar os espazos públicos, así como crear entornos que sexan agradables.
A Concellería de Cultura de Xinzo convocou un ano máis, e xa son tres, o Concurso Xinzo en Flor para o embelecemento de balcóns e xanelas. O obxectivo desta iniciativa pasa por afianzar a colaboración entre a cidadanía e o Concello para coidar e mimar os espazos públicos, así como crear entornos que sexan agradables.
Do mesmo xeito que aconteceu durante as pasadas edicións, establecéronse dúas categorías: Xinzo Vila e Xinzo Pobos, e dous premios para cada unha delas. Os galardoados recibirán vales de 100 euros para mercar nos comercios do municipio e dinamizar, do mesmo xeito, a economía local.
O xurado premiou os balcóns e xanelas máis fermosas e, para conseguir iso, os participantes empregaron na decoración das fachadas plantas vivas e elementos ornamentais que fosen visibles dende as rúas. Tal e como subliñan dende o Consistorio, valorouse especialmente na conccesión dos premios “a orixinalidade e a creatividade da composición, a calidade ornamental, a harmonía e deseño do conxunto e a laboriosidade”.
Os gañadores recibirán mañá sábado os seus premios nun acto previsto para as 12,00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial de Xinzo de Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio