Programa do Nadal de Xinzo de Limia: actividades e horarios
PROGRAMACIÓN COMPLETA
Consulta aquí o programa completo das actividades de Nadal no Concello de Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia desvelou a súa programación de nadal, que terá lugar do 13 de decembro ao 6 de xaneiro. Todas as actividades serán de balde, garantindo que todo o mundo poida gozar das propostas culturais e de lecer.
O nadal inclúe un enfoque solidario, destacando a recollida de fondos para o CEIP Ausias March de Paiporta. Durante os catro grandes eventos musicais da programación, Guadi Galego, Rubén Simeó, o Musical dos 80-90’s e o espectáculo “Vaiana”, haberá unha fila 0 para que os asistentes poidan colaborar cos donativos. A recadación realizase en colaboración co CEIP Rosalía de Castro e a súa ANPA.
A oferta cultural tamén inclúe concertos, galas e exposicións. Un dos grandes atractivos será a exposición fotográfica de Noelia Caseiro, na Rúa dos Viños a partir do venres 13. Tamén se celebrarán as tradicionais visita de Papá Noel, Pre-badaladas, Cabalgata dos Reis Magos e a Agrocabalgata.
Ademais, para facilitar a conciliación familiar, o Concello organiza o programa “Concilia Nadal” para nenos e nenas de 4 a 10 anos, así como o campamento “Christmas Camp”, que ofrece actividades en inglés. Outras propostas desta programación son o programa “Nadal nos Pobos” e o parque de atraccións Limialandia no Pazo de Deportes.
As novas decoracións de Nadal, como a recreación da antiga fonte da Praza Maior, están a xerar gran expectación, polo que o Concello abrirá unha votación nas súas redes para que os veciños elixan se queren a fonte sempre na praza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último