GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
As terras de regadío da comarca da Limia convertíronse en fincas de ensaio co obxectivo de avaliar o rendemento e o valor nutricional do cultivo ecolóxico de tres especies forraxeiras de verán –millo, sorgo, pasto do Sudán e un híbrido de sorgo con pasto do Sudán–. Neste senso, estableceuse unha rotación con cultivos de inverno constituídos por unha mestura de trevos anuais con raigrás. Do mesmo xeito e dentro do proxecto, analizouse a implantación de pastos mixtos a base de gramíneas e trevos cunha composición botánica diversa.
Segundo explicaron dende a Consellería de Medio Rural, estes traballos e experiencias viñeron a demostrar que as rotacións de forraxes ecolóxicas contribúen ao incremento da produción do leite de vacún e á redución dos custos nas explotacións. Máis concretamente, o obxectivo pasa por contribuír a unha maior sustentabilidade das explotacións ecolóxicas da zona a través do incremento da produción e da redución de custos en alimentación para as vacas.
Para consolidar a iniciativa e tal e como expuxeron dende a Xunta de Galicia, os traballos seguen actualmente adiante na liña de reafirmar unha alternativa de cultivos a catro anos nas parcelas de regadío que integran rotación con prados. Asimesmo, búscase facer un seguimento e mellorar os pastos en terreos de sequeiro, explorando a posibilidade de introducir leguminosas mediante técnicas de sementeira directa e en superficie.
Galicia é, segundo din, "líder absoluta" en leite ecolóxico, cunha produción que supera as 22.000 toneladas anuais procedentes de 120 explotacións. As explotacións gandeiras ecolóxicas galegas representaban en 2019 o 51% do conxunto español no caso do bovino de leite, o 35% en polos de carne e o 11% en porcino. Dende Medio Rural poñen como exemplo a unha explotación leiteira de Allariz e a súa iniciativa para buscar forraxes sostibles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
SUBIDA VERTIGINOSA
La subida del coste del gasoil pone a la comarca de A Limia en jaque
Lo último
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Dous de cada tres candidatos a alcalde repiten nas cidades galegas en 2027
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Notas á Metástase, de Xosé Lois Vázquez
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Os apaleados de Celeiros e outras nupcias