A Ruta da Portela, en Xinzo, terá 30 quilómetros de percorrido
O Concello desgranou varios detalles deste proxecto que pretende revitalizar terreos intransitados dende hai 30 anos.
O Concello de Xinzo de Limia avanza no proxecto anunciado a comezos deste 2021 para dotar ao municipio dunha ruta de sendeirismo que pase polos lugares máis senlleiros da vila. Neste senso, xa se sabe o nome: “Ruta da Portela” –en alusión ao modo no que se coñecía antigamente a Torre de Pena, tal e como puntualizou Amador Díaz- e tamén a lonxitude do percorrido, 30 quilómetros. Trátase dun plan para potenciar o turismo na vila e para paliar a falta de roteiros de sendeirismo existente na capital da Limia, ao tempo que se pon en valor o seu patrimonio natural e paisaxístico, así como a natureza do seu terreo agrario.
Dende o Consistorio anunciaron que a sinalización vertical xa estaría completamente rematada e restaría nestes intres a resolución favorable de subvención solicitada á Vicepresidencia da Xunta por valor de 40.000 euros –o Concello de Xinzo aportaría o 30 por cento desta cantidade-.
Por outro lado, o roteiro contará con cinco tramos a través dos que se poderán coñecer diversos aspectos do patrimonio, a paisaxe e a etnografía do lugar: Alameda do Toural-Alto do Depósito; Alto do Depósito-Torre da Portela; Torre da Portela-Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras; Mosteiro-Piñeira Seca e Piñeira Seca-Xinzo. Esta última será, precisamente, a máis longa con 10,5 kilómetros a través dos que se atravesarán terras de cultivo e parcelas sementadas de cereal e pataca.
Dende o Concello de Xinzo apuntaron que a subvención empregarase para a limpeza de camiños, o acondicionamento de cunetas e desaugues, a reposición do firme ou para a dotación de equipamento e sinalización. Do mesmo xeito, tamén se creará contido para a páxina web do Concello con información sobre a ruta en si e sobre o valor dos elementos visitados.
O percorrido partirá da Alameda de O Toural, no corazón de Xinzo, e discorrerá ao carón do río Limia ata o Alto do Depósito. Neste lugar está previsto instalar un punto informativo no que descubrir aspectos da paisaxe de Xinzo. O camiño continuará ata Pena e ata o Mosteiro de Trandeiras, no que se poderán atopar paneis con documentación sobre a xoia patrimonial do municipio. A partir desde momento, o camiño irá en ascenso ata chegar ao pico de todo o percorrido: 780 metros. Neste espazo poderase observar unha panorámica de 360 grados sobre a Comarca da Limia, divisando os concellos limítrofes, e colocarase un miradoiro que elevará lixeiramente o punto de vista. O descenso novamente ata o río Limia atravesará Piñeira Seca.
O edil de Medio Rural e tenente de alcalde, Amador Díaz, asegurou que se trata dunha ruta “preciosa” que incluirá un miradoiro no entorno dos antigos depósitos de auga, e outro entre Solveira, Trandeiras e Piñeira “dende o que se poderá ter unha perspectiva de toda a Comarca da Limia”. Ademais, Díaz adiantou algún dos detalles da sinalización e dos paneis informativos, os cales estarán protagonizados por persoeiros elexidos en función da súa ubicación: “Serán figuras. Por exemplo, no Mosteiro de Trandeiras haberá un monxe; no río Limia, un pescador... Sobre elas ubicarase a información alusiva ao lugar no que nos atopemos”, precisou o tenente de alcalde de Xinzo, quen asegurou que, grazas a esta intervención, “poñeranse en valor uns camiños que levan sen transitarse dende hai 30 anos”. Neste senso, a propia natureza destes viais, moi estreitos, obrigará a facer os desbroces a man. “Poñeremos en valor unha paisaxe espectacular”, garantizou o tenente de alcalde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia