NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
DA TARDE Á MADRUGADA
Xinzo de Limia celebra o “Samhain Castrexo” o vindeiro 2 de novembro, unha festividade que busca recuperar as antigas tradicións galegas relacionadas co cambio de estación e as colleitas, ofrecendo unha alternativa ao Halloween comercial. Organizado pola Asociación Cultural Civitas Limicorum e o Concello de Xinzo, o evento terá actividades para todos os públicos, desde as 16:30 ata as 02:00 horas.
A xornada comezará co “Samaín Infantil”, pensado para os máis pequenos, con obradoiros de decoración de cabazas, pintacaras e un taller de apócemas de druída, fomentando a creatividade mentres coñecen o significado desta antiga festividade celta.
Pola noite, ás 20:00 horas, terá lugar o “Samhain Castrexo”, destacando o desfile da Santa Compaña polas rúas principais da vila. A organización convida á veciñanza a participar vestida de negro con capa branca, ou de temática castrexa para reforzar o vínculo coa cultura ancestral.
Completan o día actuacións de grupos locais, degustacións gratuítas e a representación teatral “O Samhain dos Límicos”, e pecharase coa “Noite Xoven”, que inclúe o concerto do grupo Kaltee e unha sesión do DJ Paulo Seoane a partir da medianoite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior