QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
EFICIENCIA ENERXÉTICA
O Concello de Sandiás vén de realizar melloras no abastacemento, co fin de minimizar as perdas, grazas a unha subvención de Augas de Galicia de 48.250 euros.
O Concello xa fixera unha auditoría co obxectivo de cuantificar as perdas de auga detectadas nas instalacións de abastecemento en servizo, tralo que se aprobou un Plan de actuacións.
A análise de detección de fugas levou en primeiro lugar á execución dunha mellora substancial do sistema de control de volume da auga nos depósitos mediante lecturas precisas, en tempo real, que miden e alertan das perdas de auga. Colocáronse válvulas de corte ao principio e ao final de cada sector, e instaláronse caudalímetros ultrasónicos á saída de varios depósitos de distribución de auga en servizo (Vilariño das Poldras, Couso de Limia, Sandiás, Novaiño e Piñeira de Arcos).
Asimesmo, na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do Tesiño, en Cardeita, substituíuse o dispositivo de comunicacións de adquisición de datos por unha versión máis moderna, e executáronse obras de sectorización das redes de abastecemento de auga nos núcleos de Couso de Limia e Piñeira de Arcos.
Recentemente, o Concello investira preto de 40.000 euros na instalación de placas fotovoltaicas de 500 watios na ETAP do Tesiño, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética destas instalacións coas enerxías renovables.
Estas dúasactuacións no abastecemento buscan aforrar na factura enerxética e cumprir os obxectivos ambientais marcados polo grupo municipal nun escenario de cambio climático.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Verano en Manzaneda
Itxu Díaz
Hacer un castillo de arena
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse de sol solo será total en la mitad nororiental de Ourense