QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
MEJORAS EN ABASTECIMIENTO
O alcalde do concello de Trasmiras, Emilio José Pazos, vén de manter esta pasada semana un encontro en Santiago de Compostela xunto coa máxima responsable da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a melidense Ángeles Vázquez.
Nesa reunión, o mandatario da vila da Limia puxo sobre a mesa diversas iniciativas que se poderían estudar e analizar por parte do Goberno galego para mellorar o abastecemento e o servizo de agua en Trasmiras.
Nesa mesma liña, Pazos trasladoulle á conselleira o proxecto que o seu municipio ten para construír un depósito cunha capacidade total de 500 metros cúbicos. Este depósito de auga, que se situaría a unha cota de 710 metros de altitude, iría acompañado así mesmo dunha rede de condución ata o depósito de preto de 3.600 metros de lonxitude.
De levarse a cabo esta actuación, o Concello de Trasmiras podería captar auga dos mananciais que se localizan nas cotas altas do termo municipal, polo que se reducirían as necesidades de bombeo de agua que existen na actualidade.
Outra das consecuencias no caso de que esta obra vira a luz sería o conseguinte aforro, tanto de consumo enerxético como de reactivos e aditivos.
Alén disto, este labor veríase facilitado en todo momento, xa que o proxecto recolle que o depósito contaría tamén con sistemas automáticos tanto de cloración como de análise, e que funcionan de xeito continuado.
A conselleira Ángeles Vázquez explicoulle ao alcalde Pazos que Augas de Galicia, dependente de Medio Ambiente e Cambio Climático, estudará a proposta do seu municipio.
Vázquez tamén e incidiu en que a Xunta de Galicia continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que estes poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata