SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, presentou este mércores no Salón de Plenos unha guía que recolle os dereitos, recursos, e programas dispoñibles para as mulleres. Este documento, integrado por nove capítulos e máis de 100 páxinas, busca acadar “unha sociedade mellor” por medio da información. Foi redactado grazas ao financiamento do Pacto de Estado do Goberno e a coordinación da consultora RED Talento, unha entidade que, tal e como recordan dende o Consistorio, coñece “de primeira man” a situación das mulleres de Xinzo de Limia e dos concellos da comarca -especialmente Vilar de Barrio e Sandiás-, xa que nestes momentos estase a desenvolver nos tres municipios o Programa Hypatia, financiado pola Xunta de Galicia.
Na introdución desta guía defínese o principio de igualdade, mentres que nos seguintes expóñense os dereitos laborais e de conciliación, ademais dos específicos laborais para as vítimas de violencia de xénero, o dereito á saúde sexual e reprodutiva e os dereitos das mulleres estranxeiras vítimas da violencia de xénero. Por último, explícanse os diferentes recursos e programas de emprendemento. “As mulleres estamos acostumadas a resolver situacións complexas, pero non sempre sabemos hai servizos dispoñibles”, asegurou Lama.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último
Polo de Baños de Molgas
Curso: Aplica a intelixencia artificial no teu negocio
PRESUNTA ESTAFA A RENFE
Vito Quiles investigado por viajar presuntamente gratis en AVE entre Madrid y Alicante