SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
CIVITAS LIMICORUM
A Praza Maior de Xinzo de Limia será o escenario dun Samaín galaico-castrexo, ou “Samhain” en lingua gaélica, o vindeiro 2 de novembro, cunha nova celebración que busca recuperar as raíces máis antigas e espirituais da cultura castrexa de Galicia.
O evento, organizado en colaboración entre o Concello de Xinzo e a asociación cultural Civitas Limicorum, busca conectar coa tradición celta e castrexa da comarca, no canto do Halloween estadounidense que vén gañando terreo nos últimos anos.
O concelleiro de festas, Ricardo Sieiro, está a coordinar este vento xunto con Civitas Limicorum, organizadores da Festa do Esquecemento, e espérase a participación de diversos colectivos sociais, culturais e asociativos de toda A Limia.
Ademais, a colaboración coas asociacións de pais e nais dos colexios e institutos permitirá que a comunidade educativa se sume tamén a esta nova iniciativa.
Marcos Argibay, presidente de Civitas Limicorum, recoñece que levan traballando neste Samaín “dende o remate do Esquecemento e, como en xuño fixemos o evento das Vestalias, agora tocaba un de índole castrexa”.
A xornada estará dividida en tres partes ben diferenciadas co obxectivo de abranguer a público de tódalas idades. Así, primeiro terá lugar un Samaín infantil pola tarde, cun enfoque lúdico e didáctico, que contará con presenza dos rapaces dos colexios da vila, que poderán desfrutar dunha chocolatada de balde.
Á caída do sol comezará o Samaín castrexo, coa recreación do ritual celta, que evoca as antigas crenzas que marcaban o fin da colleita e o comezo do inverno na cultura galaica. Nesta celebración servirase caldo castrexo e queimada de forma gratuíta.
E por último, haberá tamén o Samaín da xuventude, co que se rematará este novo evento, e no que se celebrará unha festa pola noite con DJ.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
Lo que nos queda del sueño ciudad-jardín
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Nadie duda
CONTINUOS RETRASOS
El colapso de la ZBE agrava el agujero en Ourense con los fondos europeos
PRIMERA FEB
Isaac Vázquez apunta a fichar en la Liga ACB